Temas: ERE XUNTA

Traballadores denuncian un “ERE encuberto” na Consellería de Política Social

Traballadores de centros dependentes desta Consellería concéntranse ante o Parlamento de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2017 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

Traballadores de centros dependentes da Consellería de Política Social concentráronse este martes ante o Parlamento de Galicia para denunciar a existencia dun "ERE encuberto" neste departamento e pedir a retirada do artigo 12 da Lei de medidas fiscais e administrativas.

Protesta de traballadores de centros dependentes da Consellería de Política Social
Protesta de traballadores de centros dependentes da Consellería de Política Social | Fonte: Europa Press.

Segundo explicou en declaracións a Europa Press unha das traballadoras, Marta Arias, este artigo prevé a funcionarización obrigatoria do persoal laboral temporal, unha medida que "non foi negociada" e que "levaría a unha gravísima perda de dereitos laborais e retributivos".

Neste sentido, sinalou que só da Consellería de Política Social están afectados "uns 3.000 traballadores" dos distintos centros que dela dependen, como os de maiores, polo que a posta en marcha desta lei "poría en risco miles de postos de traballo".

"Queren funcionarizar á xente temporal e o que vai pasar, na realidade, suporá un ERE encuberto, xa que van destruír vacantes para facelos interinos, coa consecuente perda da antigüidade polas fraudes de lei e as indemnizacións que teñen que dar tras a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea", denunciou.

Os traballadores concentráronse ante a Cámara galega coincidindo coa celebración do pleno ordinario, no que este martes comparecen o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda.

Temas: ERE XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta