Davide Rodríguez aposta por traballar "todos xuntos" en En Marea para que Villares sexa o próximo presidente da Xunta

Cre que todas as mareas municipais "deben ter o mesmo peso", sexan "das cidades ou de pobos grandes ou pequenos"

Santiago de Compostela | 24/01/2017 | Actualizada ás 11:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O exalcalde de Manzaneda (Ourense) e deputado de En Marea, Davide Rodríguez, apostou por traballar "todos xuntos" no partido instrumental para que o actual voceiro parlamentario, Luís Villares, sexa o próximo presidente da Xunta dentro de catro anos.

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, o cabeza de lista da candidatura interna 'Somos Quen' tamén puxo en valor o traballo que realiza o exmaxistrado lucense no Parlamento e reiterou que pensa que debe ser o líder de En Marea.

"Villares era para min un descoñecido político, únicamente coñecía a súa traxectoria profesional impecable. Chegou a En Marea e, en pouco tempo, converteuse en líder, ten un grupo parlamentario unido e creo que debemos traballar todos xuntos para que sexa presidente da Xunta dentro de catro anos", sinalou.

Davide Rodríguez pronunciouse deste modo despois de que, segundo os resultados provisionais, a súa candidatura para o Consello das Mareas conseguise o 25,26% dos votos rexistrados no proceso interno, no que a lista de Villares, 'Máis Alá!' conseguiu o 56,88% e a vinculada con Cerna, 'Queremos participar', co 16,08%.

MAREAS MUNICIPAIS

Por outra banda, sobre as mareas municipais, Rodríguez considerou que "deben ter todas o mesmo peso". "Dá igual que sexan as da cidades ou as dos pobos grandes ou pequenos, teñen que estar todas nas mesmas condicións e participar por igual no proceso das mareas", indicou.

Ademais, preguntado sobre o afastamento de Xosé Manuel Beiras da primeira liña política, Davide Rodríguez asegurou que "está en segundo plano porque el quixo". "Para moita xente é a referencia da esquerda nacionalista deste país. Sempre tivo claro onde quería estar, non o forzou ninguén a estar onde está", asegurou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta