Radiografía dos xornalistas galegos: case o 40% non ten un emprego estable

Son autonómos ou teñen contratos temporais. Santiago e A Coruña concentran á maior parte dos profesionais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/01/2017 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

O 38,6% dos xornalistas galegos carecen dun emprego estable, pois teñen contratos temporais ou son empregados por conta propia. O dato resulta dunha enquisa que Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) vén de realizar entre os seus 1.100 colexiados. 

Estudio da Radio Galega
Estudio da Radio Galega | Fonte: crtvg.es

O 38,6% dos xornalistas galegos con emprego traballan cun contrato temporal ou son autónomos (empregados por conta propia) fronte ao 61,4% de ocupados con emprego fixo. Así o destaca un estudo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) entre os seus colexiados.

Esta radiografía da profesión revela, ademáis, o alto grado de concentración do emprego profesional en Santiago de Compostela e A Coruña (46,8%), debido á maior presenza nestas cidades de empresas públicas e privadas do sector.

A enquisa indica que o 32% dos profesionais ocupados traballan (por conta propia ou asalariados) en empresas de servizos de comunicación corporativa (axencias de comunicación, gabinetes de prensa); o 24% dos ocupados traballan en prensa escrita, o 15% en radio; o 14% en televisión; o 6% en medios de comunicación dixitais; o 4% dedícanse á producción audiovisual; o 1% están empregados en axencias informativas; e outro 4% dos xornalistas dedícanse á docencia.

Os datos deste inquérito tamén apuntan que a formación máis demandada polos xornalistas galegos está relacionada coas novas técnicas e ferramentas da internet: 78,25% demandan formación en redes sociais.

A enquisa foi realizada polo CPXG en novembro de 2016 por correo electrónico e resposta aleatoria. A mostra resultante é do 11,27% dos xornalistas colexiados. Pódese consultar un resumo dos resultados aquí

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta