Jorge Suárez ve a vitoria da lista de Villares de "lóxica natural", pero mostra a súa "sorpresa" polas porcentaxes

O alcalde de Ferrol estima que "as outras candidaturas mobilizaron máis os seus partidarios"

Ferrol | 24/01/2017 | Actualizada ás 18:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), cualificou de "lóxica natural" a vitoria da lista encabezada por Luís Villares para as eleccións internas de En Marea, 'Máis Alá', e á que o rexedor ferrolano dera o seu respaldo, pero tamén manifestou que, tras o reconto dos votos, lle "sorprende un pouco as porcentaxes".

Así, como autocrítica, estimou que deberían de "facer unha reflexión sobre a participación, que deberían de ser moito máis alta, xa que os participantes activos de En Marea, a xente que participa nas asembleas e que toma as decisións colectivas é moito maior que a porcentaxe que lle deu a vitoria á candidatura de Luís Villares, xa que é a máis plural".

Jorge Suárez tamén abundou en que "as outras candidaturas mobilizaron máis os seus partidarios", en alusión ás outras dúas propostas presentadas, a vinculada a Anova, 'Somos Quen', segunda en número de representantes, e a de Cerna, 'Queremos participar'.

"Non se corresponden as porcentaxes coa base social que ten En Marea, afirmou ao tempo que incidiu nestas manifestacións as fai "co maior dos respecto para as tres candidaturas presentadas".

A lista encabezada por Luís Villares para as eleccións internas de En Marea, 'Máis Alá!', terá 21 postos no Consello das Mareas. Pola súa banda, a candidatura vinculada a Anova, 'Somos Quen', fíxose con nove; e a de Cerna, 'Queremos participar', con cinco.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta