O alcalde de Monforte e o Eixo Atlántico reclaman implicación da Xunta para que o porto seco teña actividade

Un informe destaca a importancia de mellorar a conexión ferroviaria con Palencia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2017 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca (PSOE), e o Eixo Atlántico reclamaron este martes implicación da Xunta para que o porto seco teña actividade.

Presentación do informe en Monforte
Presentación do informe en Monforte

Segundo informa o Concello de Monforte nun comunicado, este martes presentáronse as conclusións dun informe do Eixo Atlántico que recolle os pasos a seguir para que a plataforma loxística sexa unha realidade, que foi elaborado polos catedráticos Miguel Rodríguez Bugarín e Fernando González Laxe, así como pola experta Carmen López Rodríguez.

A esta cita acudiron tamén o presidente da Deputación de Lugo e as alcaldesas de Lugo e Sarria, nun encontro no que Tomé Roca subliñou que "non se trata dun estudio máis", senón que se establece "unha folla de ruta cos pasos concretos que debe dar a Xunta de Galicia para que o porto seco sexa unha realidade".

"É ao Goberno galego ao que lle corresponde tomar a decisión de buscar un grupo operador loxístico que se faga cargo da xestión da plataforma", deixa claro o rexedor de Lemos.

ESTUDO

Ao respecto, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, lamentou que "por agora non hai un deseño urbanístico do porto seco de Monforte", mentres sinala que a Xunta debe apostar pola plataforma loxística da cidade do Cabe "debido á situación estratéxica de Monforte, pero para iso tamén ten que modernizar a liña ferroviaria Monforte-Palencia". "Iso será clave par impulsar o porto seco", resalta.

Nesta liña, o catedrático e autor do estudio, Fernando González Laxe, fixo fincapé en que "para un porto o ferrocarril é o seu osíxeno e se non ten unha conexión ferroviaria afoga", de forma que "as mercadorías do porto irán cara a ese porto e despois cara aos grandes mercados". Por iso, o informe complementa estas dúas funcións, "a intermodalidade e loxística".

A este respecto, o alcalde de Monforte chama a atención sobre que a falta de actividade do porto seco "é un problema que afecta ao conxunto de Galicia", pois "como ben dise no informe: isto non é un problema local, isto é un problema de Galicia", que "necesita facer viables os portos marítimos de interese xeral", que deben captar unha parte importante do aumento do tráfico marítimo que se vai producir coa ampliación da Canle de Panamá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta