A Cooperativa de Armadores de Vigo e o Pastor asinan un convenio para facilitar o financiamento ao sector

O director xeral do Pastor (Grupo Banco Popular), Fernando Merino, e o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, asinaron este martes un convenio de colaboración para impulsar o financiamento ao sector pesqueiro galego.

VIGO | 24/01/2017 | Actualizada ás 19:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O director xeral do Pastor (Grupo Banco Popular), Fernando Merino, e o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, asinaron este martes un convenio de colaboración para impulsar o financiamento ao sector pesqueiro galego.

En virtude deste acordo, o Pastor proporcionará aos asociados de ARVI un oferta de produtos e servizos deseñados á súa medida e en función das súas necesidades. Así, poderán dispoñer de operacións para financiar o circulante nunhas condicións moi vantaxosas, con produtos como a conta de crédito, financiamento de importacións, remesas documentarias de exportación e importación, e créditos documentarios.

Nos nove primeiros meses do ano 2016, Pastor contratou créditos a pequenas e medianas empresas e a autónomos en Galicia por valor de 936 millóns de euros. O banco ten na comunidade galega máis de 688.000 clientes, dos que uns 125.000 son pemes, autónomos e comercios.

A Cooperativa de Armadores de Vigo reúne 9 asociacións, con máis de 260 armadores e un total de 354 buques de pesca, nos que traballan máis de 7.500 tripulantes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta