CXG felicita a En Marea polo proceso interno, aínda que lle xera "dúbidas" polo "alto nivel de supeditación a Madrid"

Compromiso por Galicia (CxG) felicitou este martes a En Marea polo seu proceso interno, xa que considera que "saudable" que os partidos "se renoven", aínda que asegura que lle xera "dúbidas o resultado".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2017 | Actualizada ás 19:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia (CxG) felicitou este martes a En Marea polo seu proceso interno, xa que considera que "saudable" que os partidos "se renoven", aínda que asegura que lle xera "dúbidas o resultado".

"Cremos que é bo que os partidos sigan defendendo os seus postulados e defendan propostas que beneficien a Galicia, aínda que o seu alto nivel de supeditación a Madrid se converta en moitos casos nunha tara".

Por iso, Compromiso asegura que continuará co seu "camiño sen dependencias, nin ensaladas de siglas, e co hábito democrático de confrontar ideas".

"Mentres outros se marean con discursos de independencia dependente e xogos de palabras, os galleguistas esforzarémonos no obxectivo de buscar un novo encaixe para Galicia nunha Europa de países", apunta.

Nun comunicado, a formación indica que "a pluralidade é boa e o debate enriquecedor", pero "tamén é bo ter unha folla de ruta clara". "E a de Compromiso está centrada en resolver os problemas dos galegos e non en crear conflitos e bloqueos nas institucións onde os veciños nos sitúen", agrega.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta