O MAC inaugura este xoves unha mostra colectiva sobre o seu programa de residencias artísticas

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) inaugura este xoves, ás 20,00 horas, a exposición colectiva 'Velar e Desvelar. Programa de residencias artísticas 2015/2016'.

A CORUÑA | 24/01/2017 | Actualizada ás 20:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) inaugura este xoves, ás 20,00 horas, a exposición colectiva 'Velar e Desvelar. Programa de residencias artísticas 2015/2016'.

Nel, reúnese o traballo desenvolvido polos 17 artistas, locais e internacionais, que participaron no Programa de Residencias Artísticas do Museo no citado período.

"Trátase dunha mostra heteroxénea na temática, na técnica e o estilo, pero que abre as portas á creatividade e ao oficio do artista", explican os promotores.

O Programa de Residencias Artísticas naceu en 2012 co obxectivo de incentivar a investigación e a produción artística, facilitar a produción artística local, contribuír á promoción dos creadores e promover a mobilidade internacional e intercambio de artistas e outros profesionais da cultura.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta