O Teatro Afundación de Vigo acolle ata o 25 de marzo a mostra 'Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura'

A Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo acollerá, ata o próximo 25 de marzo, a mostra 'Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura', na que poderán verse un centenar de obxectos que representan a evolución da cultura galega en ámbitos como a identidade, o territorio, ou a sociedade.

VIGO | 24/01/2017 | Actualizada ás 20:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo acollerá, ata o próximo 25 de marzo, a mostra 'Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura', na que poderán verse un centenar de obxectos que representan a evolución da cultura galega en ámbitos como a identidade, o territorio, ou a sociedade.

A exposición, comisariada por Manuel Gago, ten unha dobre lectura: por un lado, un catálogo no que se fai unha relación cronolóxica de obxectos expostos (dende un morteiro de améndoas do século XVII, ata a bandeira do consello de Galiza, pasando por un bidón de leite ou un pote de queimada) con comentarios de expertos investigadores. Esta lectura pode completarse cunha aplicación móbil con recursos interactivos e multimedia.

Por outro lado, os obxectos están agrupados en torno a sete grandes módulos, como son poder, territorio, comunidade, códigos, transicións, redes e trasmundo.

En próximas semanas iniciarase un programa de visitas didácticas para escolares e diferentes talleres, como 'A cápsula do tempo', 'Galicia nun crebacabezas de 100 pezas', e 'Galicia 100'.

Esta exposición conta cun consello asesor encabezado por Ramón Villares (presidente do Consello da Cultura Galega), do que tamén forman parte Carlota Álvarez Basso, José Miguel Andrade Cernadas, Fernando Bouza, Felipe Criado Boado, Guillermo Escrigas, Lourenzo Fernández Prieto, Pegerto Saavedra e Dolores Vilavedra.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta