O programa 'Promociona' promove a finalización dos estudios obrigatorios entre a comunidade xitana

O programa 'Promociona', desenvolvido pola Fundación Secretariado Xitano de Galicia, busca promover a finalización dos estudios obrigatorios e frear o absentismo e o abandono escolar entre a comunidade xitana.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2017 | Actualizada ás 20:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O programa 'Promociona', desenvolvido pola Fundación Secretariado Xitano de Galicia, busca promover a finalización dos estudios obrigatorios e frear o absentismo e o abandono escolar entre a comunidade xitana.

A iniciativa, que conta co apoio económico da Xunta, está destinada a alumnado do último ciclo de Educación primaria -5º e 6º curso- e de Secundaria -de 1º a 4º de ESO-, que reciben clases de apoio, orientación educativa e acompañamento individualizado.

A deste ano é a oitava edición deste programa, que comezou a implantarse en Galicia no curso 2008/09 na cidade de Pontevedra. Dende alí, expandiuse tamén aos concellos da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.

Este martes, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou os participantes na iniciativa, onde destacou que a formación é "un piar básico para o desenvolvemento das persoas" e para "avanzar" na "igualdade de oportunidades real e efectiva".

Así, resaltou que é "prioritario" desenvolver "políticas activas" que avancen na "plena integración da comunidade xitana", que, a pesar dos "avances", "segue a padecer desvantaxes sociais".

"É necesario seguir adiante con medidas que nos axuden a derrubar aquelas barreiras sociais que se resisten a caer e conseguir unha sociedade máis xusta e inclusiva", manifestou Rey Varela.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta