Unha profesora da UVigo traduce por primeira vez ao galego a obra poética de Stevenson 'A Child's Garden of Verses'

A filóloga e profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (UVigo) Celia Vázquez traduciu por primeira vez ao galego a obra poética infantil do escritor escocés Robert Louis Stevenson 'A Child's Garden of Verses' (1895), a cal, segundo a propia autora, "nin sequera está traducida na súa totalidade ao castelán".

VIGO | 24/01/2017 | Actualizada ás 20:13 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A filóloga e profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (UVigo) Celia Vázquez traduciu por primeira vez ao galego a obra poética infantil do escritor escocés Robert Louis Stevenson 'A Child's Garden of Verses' (1895), a cal, segundo a propia autora, "nin sequera está traducida na súa totalidade ao castelán".

A obra poética de Stevenson quedou en "un segundo plano" polo éxito das súas novelas de literatura xuvenil entre as que atopa 'A illa do tesouro', polo que a profesora da UVigo publicou 'Stevenson e a tenrura dá súa poesía infantil', co obxectivo de "rescatar" a poesía que o autor escribiu para nenos.

O libro inclúe os poemas tanto en inglés coma en galego, ademais de varios capítulos introdutorios nos que a profesora examina aspectos biográficos e bibliográficos de Stevenson; e outros nos que explica como afrontou a tarefa da tradución para conseguir mostrar como o autor "plasma nos versos o modo que teñen os nenos de concibir o mundo".

Tal e como indicou a filóloga, traducir un poemario é "un reto" porque "é preciso escoitalo para coñecer o seu ritmo, comprendelo, analizar a súa forma, o seu ser estético, de qué recursos bota man,...", todo iso mentres se busca que a tradución sexa "o máis semellante á voz e ao sentimento auténtico do escritor".

"Estamos ante unha poesía fascinante que xorde dun poeta con alma de neno, unha poesía soñadora e marabillosa", remarcou Vázquez, que sostén que cada poema aproxima ao lector "ás emocións da infancia, as dúbidas, medos e a fantasía" a través de versos nos que a temática favorita de Stevenson son "as aventuras de viaxes, especialmente as que acontecen no mar".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta