Temas: HUMOR EN MAREA

Denuncian inxerencias rusas nas primarias de EnMarea

Varias persoas afíns ao sector oficialista de EnMarea aseguran que axentes exóxenos ao proceso, probablemente rusos, poderíanse ter visto involucrados nas votacións desta pasada fin de semana.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/01/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Despois da fin de semana electoral no seo de EnMarea, son agora as dúbidas sobre a legalidade do proceso as que axexan as mentes dos case 2000 incritos na web esquerdalla. Tralos rumores de tongo que se puideron ler nas redes sociais durante as dúas xornadas de votación, agora é o turno dun clásico dos infiltramentos, o goberno ruso.

Foi quen Putin de inmiscuirse nos resultados de EnMarea?
Foi quen Putin de inmiscuirse nos resultados de EnMarea? | Fonte: temposgalegos

Segundo apuntan fontes confidenciais da Coruña, o Kremlin tería tentado, e pode que conseguido, inscribir a centos de persoas no censo mareil, podendo ter acceso así a participar das votacións. Isto, de acordo coas fontes consultadas por TemposGalegos, tería permitido o auxe nacionalista nos resultados, logrando estes máis dun 40% dos mesmos.

Desde o stalinismo oficialista, encarnado na FPG, partido que apoiaba a lista oficial, creen que os seus camaradas non poderían ter feito tal cousa, aínda que si concordan nas similitudes entre algúns dos gulags soviéticos e certas vilas da montaña interior galega.

Desde AhoraVoting, empresa encargada da xestión electoral do proceso, aseguran que calquera ruso podería ter tido posibilidade de votar, incluso sen estar inscrito, posto que eles foron os inventores da app Telegram, e non hai nada máis cidadanista que Telegram, e por tanto os propios rusos.

Temas: HUMOR EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Humor sen BNG

Mirei ben mirado toda ista sección de humor, incluso repaseino varias veces e non vin chistes sobre o BNG. Vai ser que que GC é algo así como a liña branca de Sermos Galiza ¿ou e acaso que unha subvención? Tede cuidado que as cousas non están para riscos e dende que isa xentiña patriótica perdeu o seu poderío non teñen moitos cartiños para gastar.

3 Nefelibata

É máis, é tal o voso desprezo polos problemas cuotiáns dos cidadáns que inventades frases eufemísticas coma pobreza enerxética. Chámase pobreza. E vós que nin lle chamades pobreza á pobreza, nin analizades as causas desta queredes seguir coa palabrería barateira para seguir conseguindo cadeiriñas e soldiños mentres o resto ve degradarse a súa vida e aos seus fillos coller as maletas. Por certo, a isto lle chamades vós humor? En fin...

2 Nefelibata

A estes non fai falta nin infiltralos, xa se encargan eles e os seus egos de desfacer o invento. A ver, votantes mareantes e podemitas varios, explicádemo por favor: pero coma podedes votar por esta xentiña. https://twitter.com/ciudadfutura/st... A vosa xestión nas cidades "rebeldes" é tan penosa que ata eu vos defendo de vez en cando por vergoña xa que algúns decides (e quero crelo) que sodes de esquerdas. Só vedes o mundo a través de simplificacións banais e moralina de terceira. Non facedes nada por mudar ou por intentar facer entender as causas da pobreza.

1 chafarico

ha ha ha, sodes a óstia em verso