Fronte política en Lugo para impulsar o Porto Seco de Monforte

Os concellos de Lugo, Monforte, Sarria, a Deputación e o Eixo Atlántico reclaman a implicación da Xunta para impulsar esta infraestrutura.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 25/01/2017 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O porto seco de Monforte, “é fundamental” para o impulso de toda a provincia de Lugo debido á “ubicación estratéxica” deste concello no tráfico de mercadorías entre Galicia e o resto do Estado. Así o recolle un estudo  elaborado polos catedráticos Miguel Rodríguez Bugarín, Fernando González Laxe e a experta en Emprendedurismo, Carmen López Rodríguez. 

Representantes dos concellos de Lugo, Monforte, Sarria, a Deputación e o Eixo Atlántico reclaman a implicación da Xunta para impulsar o porto seco de Ferrol
Representantes dos concellos de Lugo, Monforte, Sarria, a Deputación e o Eixo Atlántico reclaman a implicación da Xunta para impulsar o porto seco de Ferrol | Fonte: Concello de Lugo

O documento incide na idea de apostar pola vía férrea para impulsar a industria da provincia. “Para un porto o ferrocarril é o seu osixeno e se non ten conexión ferroviaria afógase; e entón as mercadorías do porto irán cara a ese ferrocarril e logo máis tarde cara os grandes mercados. O noso estudio complementa esas dúas funcións: intermodadidade e loxística”, apunta Laxe.

Por iso, os concellos de Lugo, Monforte e Sarria así como a Deputación e o Eixo Atlántico mantiveron un encontro este martes no que piden a implicación da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento do Porto Seco. Alcaldes, o presidente da Deputación e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico fixeron fincapé en que o obxectivo é amosar a preocupación das administracións máis relevantes da provincia para mellorar as infraestruturas galegas e dinamizar así a economía.

Conectar Lugo co resto de España e Galicia

Durante a presentación do estudo, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, demandou vertebrar toda a provincia de Lugo por ese eixo interior, xa que con este informe constatase que o noroeste de España queda aillado. “Fan falla municipios conectados, para que Galicia, e toda a provincia de Lugo teña futuro, debemos ter conexións”, resumiu.

Pola súa banda, o rexedor de Monforte, José Tomé, destacou que “non se trata dun estudio máis, neste caso o que facemos é establecer unha folla de ruta cos pasos concretos que debe dar a Xunta de Galicia para que o Porto Seco de Monforte sexa unha realidade”. Nese senso, o mandatario local afirmou que “é o Goberno galego ao que lle corresponde tomar a decisión de buscar un grupo operador loxístico que se faga cargo da xestión da plataforma”.

Mentres, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico denunciou que “polo de agora non hai un deseño urbanístico de Porto Seco en Monforte”. Tamén apostou por modernizar a liña ferroviaria Monforte-Palencia. Iso será clave para impulsar o Porto Seco”.

Pola súa banda, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, indicou que “as comunicacións ferroviarias de mercadorías na nosa provincia é un exemplo máis da clara discriminación que sofre Lugo a por parte da Xunta e do Goberno Central. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cuestionamento

Un porto non é onde atracan os barcos ? Monforte ten mar ?