Temas: GRIPE SANIDADE

Aumentan de 18 a 34 os falecidos con gripe en Galicia na última semana

Todas tiñan a vacina indicada, pero o 32% non a puxera. Sanidade di que a difusión do virus "segue en epidémica", con tendencia "decrecente".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/01/2017 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O número de falecidos con gripe en hospitais da Comunidade galega dende o inicio da tempada ascendeu de 18 a 34 na última semana, segundo os datos publicados este venres polo Sergas no informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' correspondente á terceira semana -que rematou o 22 de xaneiro-.

Enferma de gripe
Enferma de gripe | Fonte: USC.

Segundo o informe publicado polo Sergas, recollido por Europa Press, dende o inicio da tempada declaráronse 882 ingresos con virus da gripe en Galicia.

Necesitaron asistencia en UCI o sete por cento de ingresados con gripe confirmada. Do total de ingresos, segundo reflicten os datos do Sergas, o 91 por cento tiña algún factor de risco para ter unha gripe complicada e deles, o 44,4 por cento non estaba vacinado.

Das 34 persoas falecidas con gripe en Galicia dende o inicio da tempada todas tiñan a vacina indicada e non a puxeran o 32 por cento.

TENDENCIA DECRECENTE

O informe do Sergas destaca que o número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias alcanzou por terceira semana consecutiva "o nivel de intensidade media" cun "descenso claro" respecto da semana anterior, o que indica que, "segundo o sistema de vixilancia, o pico da onda se alcanzaría".

Con respecto a as semana anterior, o número de chamadas semanais por gripe e outras infeccións respiratorias mantense estable na provincia de Lugo, segundo indica o Sergas, e baixa no resto das provincias. Por grupos de idade mantense estable no de 0 a 4 anos; sobe no de 5-19; e baixa no resto.

VIXILANCIA MICROBIOLÓXICA

No referido á vixilancia microbiolóxica, os datos do informe do Sergas recollen que de 725 mostras, 297 foron positiva para o virus da gripe A, "que indica que o pico da onda, segundo este sistema de vixilancia, puido alcanzarse esta semana 3/2017 -que rematou o día 22-", cun 41 por cento de positividade, "valor case idéntico ao alcanzado na semana 2/2017, na que foi dun 40,8%".

Con todo, o Servizo Galego de Saúde sostén no seu informe que a difusión do virus "segue en epidémica" na Comunidade galega, con tendencia "decrecente".

Temas: GRIPE SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta