Por Galicia Confidencial | | 26/01/2017 | Actualizada ás 09:00
Veciños da parroquia de Bares, en Mañón, deron este mércores un aviso ao 112 sobre a presenza dunha balea común varada viva. Trátase dunha cría de entre seis e sete metros de lonxitude e entre 2.000 e 3.000 quilos de peso que foi reflotada trala chegada da unidade móbil da CEMMA-Norte (Coordinadora para o Estudio dos Mamiferos Mariños). Segundo os expertos, "o prognóstico é malo, dado que se trata dun cachorro moi pequeno".
Membros de Protección Civil e de Medio Ambiente puxeron en marcha un operativo de seguemento na zona para tentar seguir a evolución deste exemplar de Balaenoptera physalus.
Segundo o responsable da zona norte de Cemma, Juan Ignacio Díaz, que participou na operación de rescate, o animal logrou volver mar adentro, pero con escasas posibilidades de sobrevvir.
A aparición desta cría coincide coa época de partos de baleas, que normalmente acontecen nos meses de decembro, xabeiro e febreiro, polo que non é estraño atopar exemplares novos varados nas costas. Os expertos barallan dúas posibilidades: ou que a nai da cría morrese ou que a cría tivese algunha complicación para seguila.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.