Temas: PARO CRISE

O paro baixa menos en Galicia que no Estado

As grandes cifras do mercado laboral indican que 2016 foi un bo ano, aínda que non tan bo como 2015. En Galicia a taxa de desemprego caeu un 8% mentres que en España baixou un 11%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2017 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O paro en Galicia baixou en 2016 en 18.500 persoas respecto ao ano anterior, un 8,32% menos, polo que a taxa de desemprego se sitúa no 16,29% e o número total de desempregados en 204.200, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Ofician do Servicio Público de Emprego, onde se tramitan as axudas do paro, en Pontevedra
Ofician do Servicio Público de Emprego, onde se tramitan as axudas do paro, en Pontevedra | Fonte: Adrián Estévez wikimedia

Cae o ritmo de baixada do paro

No último trimestre do ano, o número de persoas desempregadas en Galicia baixou en 2.600 persoas, un 1,24% menos respecto ao trimestre anterior. O número de ocupados, ao termo do ano pasado, situouse en Galicia en 1.049.600, 17.100 máis que ao peche de 2015, un 1,65% máis.

En España baixou máis o desemprego

A nivel do Estado, o paro baixou en 541.700 persoas en 2016, o que supón un 11,3% menos que en 2015, rexistrando o seu cuarto descenso anual consecutivo e unha das maiores caídas da serie histórica. A taxa de paro no Estado é do 18,6%, a máis baixa nos últimos sete anos. Cataluña é a autonomía na que máis baixou. 

Non obstante, este descenso é inferior ao experimentado o ano pasado, cando o desemprego rexistrou un retroceso histórico de 678.200 persoas. Pola súa banda, o emprego creceu en 2016 en 413.900 persoas, case un 2,3%, logrando o seu terceiro aumento anual consecutivo.

Temas: PARO CRISE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta