GC Aberto

Homosexuais, lesbianas, transexuais, negros, brancos… deixádeos vivir!

Artigo do xornalista e escritor Manuel Guisande.

Por admin | A Coruña | 26/01/2017

Comparte esta noticia

Hai días que te levantas, colles os xornais e non entendes nada, coma se o que les non fose real, que non é posible, que non está a suceder; entón te entristeces, dáche noxo todo e ata pensas quen son realmente cos que a diario te cruzas na rúa, eses que nunca falan nin sabes o que pensan.

Arco da vella.
Arco da vella.

Parece que hai xente que non entende que non todos somos iguais, que por circunstancias (que serían longas de explicar nun simple artigo), hai quen son ou queren ser doutra forma, doutra maneira, sen molestar a ninguén.

Nunca o gris puido co arco iris, e o distinto, o diferente, é o que fai que o mundo, a vida, sexa máis divertida, máis entretida, e se a comprendemos, partindo do respecto, máis humana.

Non entendo que problema hai en que dous homes ou mulleres se queiran e amen, que desexen cambiar de sexo, que uns sexan brancos ou negros ou que teñan dispares crenzas e pensamentos.

Non entendo que haxa xente que non comprenda que a nosa existencia, a que vivimos día a día, cada minuto, cada segundo, é tan só unha pinga de auga nunha espazo temporal infinito. E aínda así, parece que hai quen é incapaz de deixar que os que non son como el sexan felices, porque esa é a esencia de para que estamos aquí: ser felices, pero todos.

Manuel Guisande.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta