Temas: LUMES INCENDIOS

Galicia, como a África Subsahariana en materia de incendios

A Asociación Ecoloxista Arco Iris denuncia que Ourense sufriu desde decembro 56 focos de lume forestal" polo "desmantelamento" dos servizos de prevención.

Por E.P. | OURENSE | 26/01/2017 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

A Asociación Ecoloxista Arco Iris alertou da grave situación de lumes e afecta a Galicia e fixo fincapé na "gravidade desta perniciosa tendencia" que "mantén evidentes similitudes coa situación imperante de queima de biomasa intensiva na rexión de África subsahariana, e que "está a provocar alteracións climáticas en toda a zona".

Vista dos lumes de Galicia e Norte de Portugal desde os satélites
Vista dos lumes de Galicia e Norte de Portugal desde os satélites

"Recentes estudios aseguran que unha mestura de po do deserto e o fume da queima de biomasa contribúen ás altas cargas de aerosois na atmosfera da rexión. As pequenas partículas chamadas aerosois que se liberan no aire polo fume dos incendios poden reducir a probabilidade de chuvia", subliñan.

Ante isto, Arco Iris pediu Medio Rural que "invirta este ciclo pernicioso" a través do mantemento durante todo o ano "do traballo das brigadas", así como a través de "traballos preventivos e de mentalización da poboación rural".

50 lumes en Ourense

Ademais, denunciou este xoves de que a provincia de Ourense sufriu, dende o 9 de decembro de 2016, "polo menos 56 focos de lume forestal", fronte ao que denuncia o "desmantelamento" dos servizos de prevención.

Segundo os ecoloxistas, algúns de estes lumes, como os producidos en Lobios e en Pereiro de Aguiar, "afectaron á Rede Natura" e determinados incendios "chegaron a alcanzar proporcións moi importantes para esta época do ano, como o de Prado Alvar,", con 50 hectáreas.

Fronte a isto, Arco Iris apunta que as brigadas forestais "están practicamente desmanteladas" e que "moitos dos seus integrantes, fixos discontinuos, atópanse cobrando o paro en lugar de realizar labores de reforzo e prácticas silvícolas de carácter preventivo".

"A pesar de que calquera técnico de montes sabe que os incendios do verán se apagan en inverno, Medio Rural segue aplicando unha política forestal en materia de incendios que non pode producir outra cousa que malos resultados", indican dende a asociación.

En concreto, sinalaron que nestes momentos "unicamente hai un só helicóptero operativo para toda a provincia", cada brigada "está composta solo por dous ou tres operarios as fins de semana e entre tres e cinco de luns a venres" e "tres brigadas en Verín e outras tres en Viana teñen que facer fronte aos lumes reiterados provocados para estender os pastos".

COMO A ÁFRICA SUBSAHARIANA

Arco Iris fixo fincapé na "gravidade desta perniciosa tendencia" que "mantén evidentes similitudes coa situación imperante de queima de biomasa intensiva na rexión de África subsahariana, e que "está a provocar alteracións climáticas en toda a zona".

"Recentes estudios aseguran que unha mestura de po do deserto e o fume da queima de biomasa contribúen ás altas cargas de aerosois na atmosfera da rexión. As pequenas partículas chamadas aerosois que se liberan no aire polo fume dos incendios poden reducir a probabilidade de chuvia", subliñan.

Ante isto, Arco Iris pediu Medio Rural que "invirta este ciclo pernicioso" a través do mantemento durante todo o ano "do traballo das brigadas", así como a través de "traballos preventivos e de mentalización da poboación rural".

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta