O alcalde da Coruña abre a vía da cuestión de confianza tras romper negociacións co PSOE

A Marea Atlántica acusa os socialistas de quebrar "o clima de diálogo" sobre orzamentos nas últimas reunións. dende o PSOE aseguran que non se lles comunicou a ruptura.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/01/2017 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, iniciou os trámites para someterse a unha cuestión de confianza despois de que a Marea Atlántica dera por rotas as negociacións ao entender que o PSOE quebrou "o clima de confianza" das reunións das últimas horas para sacar adiante os presupostos. Así confirmárono fontes do comité negociador, despois de que o PSOE apuntase, pouco antes do encontro convocado para este mediodía, que había "en principio" un acordo coa Marea, e que este pasaba pola xestión de catro proxectos por parte de edís socialistas.

Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, alcalde da Coruña
Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, alcalde da Coruña

As mesmas fontes adiantaban que estes concelleiros eran Mar Barcón, Fito Ferreiro, José Manuel García e Silvia Longueira e que asumirían "a xestión directa" do Clúster da Saúde, Cidade da Música, Distrito Mallos e Apoio ao Emprendimiento, Investigación e Transferencia Tecnolóxica.

"O PSOE rompeu o clima de confianza dando por pechado un acordo que non estaba pechado", expuxeron as fontes de En Marea. Ademais, cuestionaron que os socialistas falasen de que xestionarían proxectos por importe de 14,5 millóns de euros "cando onte (polo mércores) o que se negociou foron 1,5 millóns".

Tamén aseguraron que, por parte da Marea Atlántica, se falou de "coxestión" e que serían tres os concelleiros socialistas e non catro. "Con delegación parcial e sen competencias en persoal", apuntaron. Na mesma liña insistiron en que se buscaban "acordos globais" na citada negociación.

Mentres, dende o PSOE, aseguraron que non teñen comunicación da ruptura do que esta mañá o propio alcalde consideraba que podía rematar en "fumata branca" tras o achegamento nas últimas horas.

Previamente, o alcalde, tras unha visita á antiga cárcere, agradecía "a disposición" do PSOE e as súas "propostas concretas" na reunión do mércores.

Sobre as persoas do grupo municipal socialista que participarían nalgúns proxectos, negou, unhas horas antes de producirse a reunión deste xoves, que por parte da Marea Atlántica estivesen previstos "vetos" a algún dos nomes. Ao respecto, sostivo que o importante era "atopar as persoas axeitadas".

PROPOSTAS DO PSOE

Pouco despois destas declaracións, nun comunicado, o grupo municipal socialista apuntaba "en principio" un acordo con Marea Atlántica sobre "liñas estratéxicas" que se recollían, segundo expoñía, nuns 20 proxectos que sumaban 14,5 millóns de euros, fronte ao 1,5 millóns formulados dende o goberno local.

Destas iniciativas, sinalaba que a proposta socialista pasaba por "asumir a xestión directa de catro actuacións que se consideran estratéxicas, como son a Clúster de la Salud (Mar Barcón); Cidade da Música (Fito Ferreiro); Distrito Mallos (Silvia Longueira), e Apoio ao Emprendimiento, Investigación e Transferencia Tecnolóxica (José Manuel García)". Unha negociación que quedou agora rota.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 xose

Un desastre de xestion, nin comparación con Pontevedra por exemplo. a min o senhor Ferreiro xa me pareceu moi naif desde o principio.En Pontevedra poren os da marea votan co PP contar os orzamentos do gobernó municipal.

1 DIMISIÓN XA

o mellor e que dimita... que se deixe de tonterías e dimita... a inficacia do grupo podreiros esta xa que mais demostrada! a iso leva mover a bandeira española dun lado para outro! MAREANTES

1 comunista independentista

Si, iso, que dimitan. E que volvan gobernar os do Pp-PsoE, que é o que queredes os cipaios do Bloque.