A Xunta elaborará unha estratexia integral para impulsar a cultura galega

Terá como horizonte o 2021 e entre outros obxectivos busca impulsar o sector das industrias culturais, buscar financiamento e analizar o futuro papel da Cidade da Cultura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2017 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu luz verde este xoves á elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021, que ten como dous grandes obxectivos garantir a máxima difusión da actividade cultural con base en Galicia e asentar o tecido social e empresarial do sector.

Román Rodríguez
Román Rodríguez

Diso informou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa despois da reunión do consello, quen destacou que se busca fortalecer a industria cultural para que cree máis riqueza e postos de traballo, así como para que se abra a núcleos de poboación de menor tamaño.

Así, se trata da primeira vez que a Xunta estrutura un plan que responda ás perspectivas do mundo cultural de cara á próxima década. Os obxectivos pasan pola adaptación da cultura ás novas tecnoloxías, a súa internalización, a busca de financiamento, o futuro papel da Cidade da Cultura, procurar colaboracións entre o sector público e privado e afortalar o emprego das industrias culturais.

Precisamente, o luns pasado Feijóo comprometeuse ante centos de representantes do sector, con motivo da entrega dos Premios da Cultura Galega, a elaborar este ano un plan para en que se teñan en conta as súas "achegas e reflexións".

Neste sentido, o mandatario galego incide en que ten que ser un proceso colectivo que implique as institucións, asociacións, empresas culturais e diversos axentes.

Cidade da Cultura
Cidade da Cultura

FASES

De tal forma, a redacción do documento estruturarase en seis fases. Entre febreiro e marzo elaboraranse os documentos de traballo e diagnóstico. Entre abril e maio celebraranse encontros temáticos e sectoriais con axentes culturais de Galicia.

En xuño chegará o primeiro borrador, o cal será sometido en xullo e agosto a exposición pública vía web para que calquera persoa poida facer achegas. Será entre setembro e outubro cando se redacte o proxecto definitivo, que en novembro será aprobado polo Consello da Xunta para remitilo ao Parlamento.

CASA DA NAVEGACIÓN EN BAIONA

Noutra orde de cousas, neste xoves o consello tamén deu luz verde ao recoñecemento da Casa da Navegación, en Baiona (Pontevedra), como colección visitable.

A Consellería de Cultura elevou esta proposta, tras a petición realizada polo Concello de Baiona, que é a entidade responsable do espazo.

O proxecto deste centro prevé a vinculación co Museo da Carabela Pinta, co obxectivo de formar un complexo museístico de xestión compartida.

A Casa da Navegación é un centro museístico que xira en torno a dous eixes: a historia da vila e a do porto de Baiona no contexto da navegación atlántica (séculos XVI-XVIII), con especial atención á divulgación dos materiais arqueolóxicos procedentes de escavacións no porto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Merucu Xusticieru

Adiòs !!!!