A II edición do Concurso Balbino de Relatos premiará o mellor traballo inspirado no rural galego

A II edición do Concurso Balbino de Relatos sae adiante co obxectivo de premiar o mellor traballo literario inspirado no rural galego.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2017 | Actualizada ás 19:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A II edición do Concurso Balbino de Relatos sae adiante co obxectivo de premiar o mellor traballo literario inspirado no rural galego.

A iniciativa nace da man da promotora Técnicas & Gramaxe, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Xosé Neira Vilas, entre outras administracións.

En concreto, poderán presentarse textos orixinais, propios e inéditos en formato relato ou serie de relatos inspirados no rural galego, cun prazo máximo ata o 30 de xuño, e optando a un premio único de 1.500 euros e á publicación da obra da man de Edicións Fervenza.

Durante a rolda de prensa de presentación, o responsable de Política Lingüística, Valentín García, destacou que esta iniciativa busca "ser un estímulo para todas as persoas que queiran promover e dar a coñecer Galicia, a súa lingua e cultura propias" dende as temáticas "máis vinculadas á súa tradición, idiosincrasia ou costumes".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta