Alerta en Galicia por ondadas, vento, chuvia e neve

Ourense e Lugo estarán en alerta por neve e Pontevedra e Coruña por temporal no mar. Pode nevar por riba dos 800 metros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/01/2017 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

As catro provincias galegas atópanse este venres en alerta por neve, chuvia, vento e ondada, segundo a predición da Axencia Estatal de Meterología (AEMET), que cita como fenómenos significativos as nevadas en zonas de montaña, así como vento forte e ondada nas zonas de costa.

Imaxe do Porto de Sardiñeiro un dia de temporal
Imaxe do Porto de Sardiñeiro un dia de temporal | Fonte: QPC

En concreto, estarán en risco importante (laranxa) por nevadas en Lugo e Ourense, mentres que por fenómenos costeiros haberá alerta amarela na Coruña e en Pontevedra. A chuvia será persistente no oeste do país. A cota de neve situarase entre os 900 e os 1.000 metros e pode baixar ata os 800 metros

A situación de inestabilidade atmosférica afecta a 36 provincias españolas. Así, a alerta por neve tamén afecta a Madrid, Barcelona, Lleida, Huesca e Girona, que será amarelo en Navarra, La Rioja, Asturias, Granada, Jaén, Teruel, Albacete, Cuenca, Guadalajara, Avila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Zamora e Cáceres.

O vento porá en risco (amarelo) a Navarra, Almería, Zaragoza, Lleida, Navarra e Melilla. No mesmo nivel pero por chuvia estarán Barcelona, Girona, Tarragona, Ceuta e Cádiz; así como Almería, Málaga, Granada, Girona, Melilla e Murcia pero por fenómenos costeiros.

Na Península e Baleares, os ceos estarán nubrados ou cubertos con precipitacións xeneralizadas, que ocasionalmente poden ir acompañadas de tormenta en Baleares, sueste de Andalucía e extremo oeste de Galicia. As precipitacións serán menos probables no litoral do sueste peninsular mentres que en Canarias o tempo será estable.

A cota de neve situarase na Cordilleira Cantábrica entre os 900 e os 1.000 metros baixando pola tarde a 700/800 metros; no Sistema Central e Ibérico, entre os 1.000/1.200 metros baixando a 800/1.000 metros; en Pireneos a partir de 1.000/1.2000 metros; e nas serras béticas, de 1.400/1.600 metros baixando a 1.000/1.200 metros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta