Temas: LEITE ECOLOXíA

Os galegos apostan polo leite ecolóxico

Xa son 79 as granxas galegas que contan con certificación para producir leite ecolóxico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2017 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O produto ecolóxico está de moda, especialmente, todo o que ten que ver co sector lácteo e ortofrutícola. Por iso, un total de 79 granxas galegas conta con certificación para producir leite ecolóxico en Galicia, das que 37 xa venden o seu leite e outras 42 están en proceso de conversión.

Gandeiría inscrita no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)
Gandeiría inscrita no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) | Fonte: GC

Así o anunciou este venres a directora xeral de Gandaría, Belén do Campo, que inaugurou en Monforte de Lemos (Lugo), a xornada de comercialización de produtos ecolóxicos organizada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

A directora xeral apuntou que as mellores estratexias para que os produtores se afiancen no mercado son adherirse a unha denominación de orixe ou apostar pola agricultura ecolóxica. No ámbito do leite apuntou que o prezo pagado por litro rolda os 0,50 euros, polo que a Xunta aposta de forma decidida por este sector en alza como "medio de vida digno e saudable".

Belén do Campo indicou que a Consellería do Medio Rural vai iniciar a redacción do Plan Estratéxico da Agricultura Ecolóxica, que ten como obxectivo poñer en valor este ámbito e avaliar as accións a desenvolver que axuden a potenciar este tipo de producións.

O sector agroecolóxico, apuntou a directora xeral, experimentou un "importante crecemento" en 2015, de forma que alcanzou as 20.300 hectáreas e unha facturación por enriba dos 33 millóns de euros.

Temas: LEITE ECOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta