Temas: CEG

Novo presidente para unha patronal dividida

Antón Arias, único candidato a presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), acaba de obter os votos suficientes na asemblea da patronal. O número dous dos empresarios herculinos logrou o apoio da maioría simple entre os congregados esta mañá na sede da CEG en Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/01/2017 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Aínda non se coñecen os resultados oficiais, pero a vitoria deste construtor coruñés non foi por moito marxe. As confederacións do sur, Pontevedra e Ourense, votaron en contra. Arias logrou os apoios previsíbeis, os da súa confederación herculina e a de Lugo. Os votos das asociacións sectoriais permitíronlle sumar máis do 50% dos sufraxios.

Antón Arias Díaz-Eimil durante a sinatura dun convenio coa Xunta
Antón Arias Díaz-Eimil durante a sinatura dun convenio coa Xunta

O peche da crise institucional que arrastra a CEG pode ser en falso. Arias é presidente, pero a maioría simple lograda nesta asemblea non lle servirá para sacar adiante outros puntos claves para consolidar a nova dirección.

Nomeadamente, o plan de viabilidade que necesita a CEG para que os bancos lle volvan a abrir a billa do crédito. Tamén debe buscar apoios para executar os recortes anunciados no cadro de persoal e abordar o delicado asundo da PEXGA, a plataforma de comercio exterior que subvencionou a Xunta e na que a Administración atopou irregularidades.

En todo caso, a votación de hoxe supón unha vitoria -aínda que temporal- para Antonio Fontela. O ex-presidente da CEG, moi próximo ao PP, colocal ao seu número dous na presidencia. Ante a evidencia de que a división interna continuará, está por ver se Arias logra consolidar o seu mandato.

Temas: CEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ventorrillo

Cando sai a luz os negocios deste home ides flipar moito, neeeeeeeno. En coruñes te lo digo.