A moción de confianza na Coruña desata valoracións contrapostas

En Marea respalda a decisión de Ferreiro de forzar unha moción para sacar adiante as contas. O líder do PSdeG pide facer novos esforzos para o consenso. O PP di que a Marea Atlántica meteu a cidade nunha situación de ingobernabilidade. O alcalde de Santiago afirma que en Compostela non se corre o risco de producirse a mesma situación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2017 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, asegurou avalar "completamente" a decisión do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, de someterse a unha cuestión de confianza despois de que a Marea Atlántica dese por rotas as negociacións ao entender que o PSOE quebrara "o clima de confianza" das reunións para sacar adiante os presupostos municipais.

Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, alcalde da Coruña
Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, alcalde da Coruña

En declaracións aos medios este venres, Villares considerou que "nun proceso de negociación non se poden producir situacións que dean lugar a unha perda de confianza". "Mentres se está a negociar non se poden anunciar termos dun acordo que aínda non está pechado e, tampouco evidentemente, se separar dos termos dese acordo que estaba enriba da mesa", indicou.

Con todo, o voceiro parlamentario do partido instrumental confiou en que se atope unha solución que sexa a mellor para os intereses dos coruñeses e deixou claro que a Marea Atlántica garantirá a gobernabilidade da cidade", así como lograr "uns presupostos, nun tempo razoable" para facer políticas sociais".

"O que non podemos estar é pendentes ata mediados de 2017 para que, ao final, non se de chegado a un acordo sobre os presupostos", manifestou para reiterar "a cidadanía da Coruña necesita uns presupostos" e "necesítaos pronto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Jorge Guzmán

Ferreiro terá moitos defectos pero polo menos bótalle ovos ao asunto. Os do PSOE siguen a cabar a súa propia tumba. A ver en q acaba todo isto.

1 arzuacapital

Ferreiro resultou ser medio "bluf". Máis mediático que eficiente e en ocasións un cultivador de "donde dije digo, digo diego". Ás veces semella estar máis interesado en Vilares que na súa propia cousa en A Coruña. Semella que lle quentaron a cabeza para ser líder de EM en breve. Aínda así, calquera destes antes que pp e/ou psoe e/ou c´s, claro.