Temas: LORES PONTEVEDRA

Polémica porque Lores gastou 3.000€ nunha cea en Nova York

O alcalde de Pontevedra convidou a "algúns pontevedreses que viven en Nova York" tras recoller un premio de urbanismo. Para o PP trátase dun "capricho" e un "insulto aos pontevedreses". "Viaxen un pouco máis e déixense de paletadas", respóndelles o edil do BNG.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/01/2017 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A viaxe do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a Nova York para recoller un premio ao modelo urbano de Pontevedra volveu de novo á actualidade despois de que o voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, asegurara que lle parece "unha indecencia, un insulto, rirse de todos os pontevedreses, gastar 3.000 euros nun capricho do señor Lores".

Reustarante Molyvos
Reustarante Molyvos

"Os caprichos se os quere ter que os pague do seu peto", censura o popular, que pide a Lores que sexa "tan xenerosa co Comedor de San Francisco", unha entidade social de Pontevedra á que o Concello "dedica 1.000 euros" ao mes".

Nesta cea, celebrada en maio de 2015, á que Miguel Anxo Fernández Lores invitou a empresarios e personalidades de orixe pontevedrés que residen actualmente en Nova York, gastaron 3.276,76 dólares (2.916 euros ao cambio daquel momento) e nel participaron 27 comensais.

Os populares criticaron que o alcalde dese a propina que "considerou oportuno", que foi de 506,50 dólares (452 euros), o 20% sobre o custo da cea -antes de impostos- (2.532 dólares), seguindo o estándar marcado pola sociedade estadounidense.

O PP de Pontevedra esixe ao alcalde unha "desculpa" porque "os cidadáns non merecen un alcalde que trata con tanto desprezo os fondos públicos", e reclaman que as viaxes anunciadas polo BNG para o primeiro trimestre deste ano se publiquen na páxina web, tanto a axenda institucional como o custo detallado de todas estas viaxes.

Reustarante Molyvos
Reustarante Molyvos

PALETADA

Pola súa banda, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ademais de "agradecer" ao Partido Popular por "volver poñer de actualidade" que a cidade de Pontevedra recibiu un premio en Nova York "pola súa excelencia polo deseño saudable", recomendou aos populares que "viaxen un poquito máis e que se deixen de paletadas, porque iso que están a formular é unha auténtica paletada".

Lores sinala que a cea se celebrou nun establecemento de comida grega chamado Molyvos, situado en Sétima Avenida, en baixo de hotel Wellington, onde precisamente estaba hospedada a delegación Pontevedra que viaxou a Nova York a recoller o premio concedido pola fundación do exalcalde Michael Bloomberg.

"Celebrámolo con algúns pontevedreses que están en Nova York", apunta, e puntualiza que cada veciño que asistiu á entrega dese premio pagou 150 dólares. Polo que cualifica á cea como un "acto razoable" de agradecemento.

En canto ao "retorno" que aquel premio tivo para a cidade do Lérez, Fernández Lores informa de que "onte mesmo" (polo xoves) chegou un convite tamén do Centro para o Deseño Activo de Nova York na que: Póñennos como referencia para a recuperación da cidade de Nova Orleans", arrasada despois da catástrofe do Katrina. "Queren inspirarse en Pontevedra para a súa recuperación", apostila o alcalde nacionalista.

O alcalde de Pontevedra Fernández Lores cenando en Nova York nunha imaxe difundida polo Concello
O alcalde de Pontevedra Fernández Lores cenando en Nova York nunha imaxe difundida polo Concello
Temas: LORES PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

20 O neno Balbino

Cando sexa grande quero mamar da teta do poder. Antes pensaba que no PP e no PPoE podía engordar sen preocupacións, agora voume enterando que no BNG e nas Mareas non se quedan atrás. Vou quitar carnet do PP, haber se cae algo. Igual saco tamén o da UPG, reparten menos pero hai afortunados. Os galegos, xa se sabe, deus é bon e o demo non é malo. Hai que adorar a todos, malo será que non trinque do poder.

19 M. Meixide

Oriente Medio, China, New York... Xa se sabe onde vai ser a próxima cuchipanda de Lores? Avisade para apuntarnos e ir aplaudir!

1 VIVANLASTAPPITAS-OE

Home da próxima cuchipanda de Lores non se sabe...Pero agarda, ao mellor os premios ao modelo de Pontevedra non quedan aí. Leva 21 galardóns non si? Será cousa de que estedes atentos os PPsoeiros e esquezades que no PPSOE gastan 3000 POR CONVIDADO porque se non 117 sona a pouco. Por certo, vós cantos galardóns levades pola desfeita de Galiza? Porque levo visto paparotadas dos vosos comunistas e demáis PPSOEIROS que foron bastante máis caras...non hai nin 2 meses da última de 10.000 euros mais ou menos; supoño que o galardón foi tremendo. E aínda quedan premios: Xa vos premiarán polos Dino-setos, as barco-plazas e os montes de lixo que van de visita ó mar

18 Roban muncho

Que montaron unha comida!!!! Ohhhh que gran escandalo descubriron as Mareas Pepeiras!!!! E quen non o denuncie é delaupegá!!!! Ide a paseo políticos inútiles que cobrades por non facer nada e agora aparecedes para denunciar este gran 'escándalo'

1 Monte Porreiro

Cuidado comentaristas: entrou de garda o "loquito de la pastillita" do BNG, un nostrus enxebre, mantido autóctono e de altas capacidades discursivas. Van descansar o *vieiras tolomancio e o simple balbino, teñen a merenda merecida e paga a conta do partido e unha medalla polos servizos prestados. Deixade que o troleiro de turno gañe algúns puntos, é o seu modo de vida. Non o contrariedes, por favor, o pobre merece ser recompensado.

2 La pastillita

Pero si eres tu loquito siempre contra el Lores que no te deja aparcar en la acerita a ti te pagan o lo aces gratis

17 PONTEVEDRA GRAN CIDADE

os expañolistas e facistas sempre inventando mentiras contra o nacionalismo galego... sempre tratando de enlamar a agua pura do nacionalismo, vaian vaian a ver a casa do vello -Vieiras o FEUDO DE REBORAINAS, miren o seu fillo "putativo" o villano miren o que pide secretarias, sobre soldos e mais soldos, despachos, coches, choferes particulares...

16 O Freire

Lores era o meu idolo, o tempo non perdona, o desgaste e as meteduras de pata ou chulerias dos anos tampouco. Eu sempre que votei fixeno polo Bloque, ainda que non sempre estiven disposto a levar a pinza no nariz (abstencion digna, meditada e reflexionada). Non me arrepinto. Agora ben, dame noxo e vergoña allea ler comentarios de supostos apoios do BNG defendendo o indefendible. Xa sei que non pasa de anecdotas, que o PP e PSOE multiplican eas Mareas de Podemos non son mancos... Pero iso non xustifica nada! A graxa ou se limpa ou cria vermes! E arredor do Lores hai moita graxa!

1 La pastillita loqui

Pero si eres tu loquito que mal tescondes

2 O Freire

Xa sei que non se recomenda alimentar trolls. Por certo andas un pouco despistado. Nin son de Pontevedra, nin teño sogro, nin aparco na boa vila... Confundes ou disparas ao vento para calarnos. Que pateticos sodes os troleiros do BNG. Uns querendo e outros sen querer estades acabando coa decencia nunha opcion representativa e organizada do nacionalismo galego. Todo para alimentar vermes, 'gusanos' na vosa linguaxe bananera. Todo pola graxa incrustada no BNG.