O PP pontevedrés responde ao PSOE e di que na cea do Ritz "había 200 persoas e o prato roldaba os 50 euros"

O PP de Pontevedra respondeu este sábado ás acusacións do secretario provincial do PSOE de Pontevedra, Santos Héctor, quen acusou o venres o expresidente da Deputación Rafael Louzán de gastar en 2008 un total de "9.000 euros" da institución nunha cea no Hotel Ritz de Madrid.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2017 | Actualizada ás 11:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O PP de Pontevedra respondeu este sábado ás acusacións do secretario provincial do PSOE de Pontevedra, Santos Héctor, quen acusou o venres o expresidente da Deputación Rafael Louzán de gastar en 2008 un total de "9.000 euros" da institución nunha cea no Hotel Ritz de Madrid.

Tras comprobar todos os datos que se facilitaron onte no pleno da Deputación de Pontevedra, o Partido Popular precisou nun comunicado que, na cea do Ritz, "participaron 200 persoas, entre elas touroperadores nacionais e internacionais e xornalistas". "E, polo tanto, o prezo do prato roldaba os 50 euros", apostilou.

A continuación, o PP precisa que esta cea formaba parte das diferentes accións que o anterior goberno provincial, encabezado por Rafael Louzán, levou a cabo en 2008 en Fitur, ano no que tamén contou, relatou, cun expositor propio na feira para todos os concellos da provincia, de aí que se fale, defendeu o PP, dun "gasto de 400.000 euros".

"Naquel momento, a Xunta do bipartito apenas tiña espazo na feira para dar resposta á estratexia que seguía a Deputación, que era relanzar a marca Rías Baixas", relatou o PP.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta