Temas: LOBO

Un can morto, uso de foguetes e presenza de menores nunha batida do lobo en Friol

ADEGA cualifica de “chafallada e esperpento” esta batida, autorizada de xeito "express" pola Xunta.

Por Galicia Confidencial | Friol | 30/01/2017 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A batida de lobo autorizada pola Xunta en Friol esta fin de semana foi unha “chafallada e un esperpento”. Así o denuncia a organización ecoloxista ADEGA que denuncia o “cúmulo de irregularidades cometidas” e que inclúen “a morte dun pobre cadelo que tivo a mala sorte de cruzarse no camiño dos escopeteiros”.

Can morto nunha batida en Friol
Can morto nunha batida en Friol | Fonte: Adega

Ademais, segundo indica tamén se usaron foguetes para "mobilizar" á fauna -- feito este denunciado polo propio SEPRONA--; rexistrouse a presenza de menores durante o acto cinexético; e usáronse como apoio para ubicar aos obxectivos cámaras de fototrampeo, algo que está prohibido por lei. “Como corolario a este esperpento, vimos de coñecer que o concello de Friol vai solicitar unha nova batida "o non cumprirse o obxectivo da primeira", denuncia ADEGA que solicitará novamente á Xunta a súa denegación, xunto cunha investigación dos feitos acontecidos”.

E é que a organización ecoloxista xa pedira a anulación desta acción por non ficar xustificada a caza do lobo, contemplada como unha excepción no Plano de Xestión do lobo. A propia norma que regulamenta o manexo desta especie en Galicia condiciona os "controis da poboación" á comprobación da eficacia dos protocolos e medidas preventivas. “En explotacións gandeiras con danos recorrentes por lobo a comprobación da eficacia das medidas preventivas debería ser rigorosa, e de non terse implementado ningunha, non habería lugar a indemnizacións e moito menos autorizar batidas”, apunta nun comunicado.

Medidas de prevención

Así, lembra que a prevención vén mostrándose, nas experiencias existentes, coma o método máis efectivo para reducir os ataques de lobo á gandería. Por iso, incide en que a administración debe traballar no seu impulso aportando asesoramento, asistencia e recursos suficientes, nomeadamente nas zonas con maior índice de danos. 

A posta en marcha das medidas preventivas debería ser unha prioridade fronte á adopción doutras alternativas e garantir que se apliquen correctamente. Os protocolos deben contemplar asesoramento, axuda e apoio con recursos preventivos suficientes aportados pola Xunta, así como a súa supervisión e contraste na fiabilidade e éxito/fracaso dos medios/recursos empregados, individuais ou en combinación de varios”, destaca.

Por iso, consideran que a responsabilidade desta “chafalleira” batida non é responsabilidade dos gandeiros, senón “no fracaso na adopción das medidas preventivas, nas compensacións, na concienciación e na investigación do lobo e das súas poboacións” por parte da Xunta. “E o prezo deste fracaso acaba pagándoo o lobo con chumbo”, critica.

Temas: LOBO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 eco-cazador

o das batidas do lobo non e mais ca un puro folclore, para sair nos medios, non serven para nada, e mais incluso resultan contrapoducentes polo sistema de jeraquizacion das mandas, a batida e comparable a querer apagar as lapas dunha fogueira con un barquin ou fuelle..

2 Hermerico

Esta matança é apoiada por todos os partidos representados na corporaçom de Friol. Há que tomar nota. E tanto tem se o fam porque partilham a estultícia da massa ou por populismo

1 clostridium

salvade o lobo, mais daño fan os do mercado europeo cos seus prezos do leite que están arruinando o agro galego... asi entendo o pepeiro o do apoio o rural o ano do rural seica dixo o frijoles... o lobo come como moito un-has poucas cordeiras ... poden acaso os arruinadores do agro galego decir o mesmo!!! a encefalopatía bobina chegou o alcalde e concelleiros o acaso o encefalograma plano abonda entre os pepeiros ruins... o pepeiro ofrece pura bazofia o pobo galego!!!

1 nostrus

En democracia cabemos todos y si caben los ecologistas tambien caben los cazadores. De hecho los cazadores demuestran ser mas respetuosos que los ecologistas y no van estorbar en sus actos y en cambio los ecologistas si que acuden a estorbar en los actos de los cazadores.

2 cazade o pepeiro

DEIXA DE FALAR EN CHINO!!!! e preferible o ouvear dos lobos que o expañol da merdella de podreiros do que falas... ti si que es pepeiro... ti si que es expañol... anda maxareta e vai vivir co Presidente TRAMPAS da casa branca...

3 nostrus

cazade o pepeiro. Para español de mier-da y con denominacion de origen puede que no haya quien te iguale. De hecho lo que tiene España de rancia es lo que aportan personajes como tu, pero no pasa nada porque en todos los paises se cuecen habas y hay renegados, malnacidos, corruptos, pederastas y mas especies de la fauna.