Temas: MúSICA

Pontevedra, Vigo, Burela, Madrid e Bilbao próximas estacións da xira de SES

SES continúa a xira de presentación do seu novo traballo, ‘Opoñerse á extinción’, o vindeiro sábado 11 de febreiro en Pontevedra, no Pazo da Cultura, logo de estrear en directo con dous concertos consecutivos con entradas esgotadas no Teatro Rosalía da Coruña, en Narón e en Ourense.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 31/01/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

As entradas para o concerto de Pontevedra de Ses poden mercarse  (Pazo da Cultura, 21 horas) poden mercarse en ataquilla.com dende só 15€. Ademais, o 4 de febreiro estará en Vigo (Auditorio Mar de Vigo) e 18 en Burela (Auditorio Municipal). Logo ofrecerá senllos concertos en Madrid e Bilbao. 

A intérprete Sés
A intérprete Sés

‘Opoñerse á extinción’

Opoñerse á extinción' é o cuarto álbum de Sés --María Xosé Silvar--, que segue sendo "pura forza, inconformismo e paixón". Nel segue a liña do seu inconfundible estilo, que a levou a converterse nunha das artistas máis relevantes do país nos últimos anos.

 

"Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor", explicou a propia Sés.

Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades, sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta