Temas: DANZA

A danza de Víctor Ullate chega a Pontevedra e Vigo

Pastoral, de L. V. Beethoven, é unha peza moi especial para Víctor Ullate, creada como homenaxe á súa amiga Ángela del Moral, da que foi compañeiro na Compañía de Antonio.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 30/01/2017 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

Xa están á venda as entradas para Pastoral. Tierra madre, a nova proposta do Ballet de Víctor Ullate, que terá lugar o 3 de febreiro ás 20.30 h na Sede Afundación Pontevedra e o 4 de febreiro no Teatro Afundación Vigo, tamén ás 20.30 h.

Pastoral de Victor Ullate nunha imaxe da súa web
Pastoral de Victor Ullate nunha imaxe da súa web

As entradas pódense adquirir a través das canles habituais da entidade, como en Ataquilla.com. O prezo parte de 24 euros en Pontevedra e case 19 en Vigo, máis gastos.

Trátase dunha obra composta por tres actos ben diferenciados: o primeiro reflicte a infancia e o espertar á vida; o segundo, os anos de mocidade e a experiencia do amor; e o terceiro representa a sabedoría acadada grazas á idade e ao paso do tempo. Nesta última parte, a potencia da danza terá o seu impacto no alén.

O propio Víctor Ullate comentaba sobre a peza que «a música de Beethoven sempre me inspirou, gústame a súa forza, a súa enerxía, a súa sensibilidade; con Pastoral, que simboliza a natureza, quixen render homenaxe a Ángela del Moral, compañeira no Ballet de Antonio e amiga da alma a través da que descubrín o amor».

Víctor Ullate fundou en 1988 a compañía que leva o seu nome e que acaba de cumprir vinte e oito anos de traxectoria. En 1997, incorporouse á denominación Comunidade de Madrid. Víctor Ullate é o director e conta desde 2001 con Eduardo Lao como director artístico, e o talento e o esforzo de ambos son clave para a permanencia e o éxito. Desde o momento da súa creación, o Ballet Víctor Ullate converteuse na primeira compañía privada española de nivel internacional, en canteira de bailaríns e nunha referencia para a danza en España. 

Temas: DANZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta