O Ave a Galicia, a “maior tomadura de pelo colectiva”

O Eixo Atlántico pídelle a Feijóo que presione ao ministro de Fomento para que acometa, canto antes, as conexión Lugo-Ourense, a saída sur de Vigo e o Porto Seco de Monforte.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 31/01/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

“É certo que a ave é unha prioridade, pero non é menos certo que constitúe a maior tomadura de pelo colectiva que se produciu nos últimos 25 anos por parte de todos os Gobernos de España, incluíndo os 12 anos de goberno do seu partido, o que representa o 50%  desta ópera bufa”. Con esta contundencia se dirixe o secretario xeral do Eixo Altántico, Xoán Vázquez Mao, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha misiva que lle remtiu para que defenda os compromisos adquiridos polo Goberno central na  conexión de Galicia coa alta velocidade ferroviaria.

Ponte do AVE sobre o ría Ulla
Ponte do AVE sobre o ría Ulla | Fonte: EP

Ante a xuntanza que Feijóo manterá co novo Ministro de Fomento, o Eixo Atlántico pídelle contundencia para coas grandes infraestruturas galegas. “Entendemos que o Presidente de Galicia debe defender ante o Goberno Central, os intereses de quen lle elixiron para ser o seu Presidente”, apunta.

“A data de hoxe, e pese ao compromiso solemne do Presidente do Goberno, a ave aínda non entrou en Galicia. Sería inimaxinable unha situación similar en Euskadi ou en Cataluña, por citar un exemplo de gobernos combativos na defensa dos seus intereses (esteamos ou non de acordo con eles) a pesar de que ningún dos dous teñen maioría absoluta como é o seu caso”, espétalle na misiva.

Por iso, recoméndalle que defenda ante Íñigo de la Serna a Estratexia aprobada pola Comisión Executiva do Eixo Atlántico, e que inclúe a saída sur de Vigo –línea Lisboa-A Coruña-, a conexión Ferroviaria Lugo-Ourense e a conexión Monforte-Palencia -conexión coa Rede Transeuropea de transportes de mercadorías entre Aveiro e Europa-. Unha estratexia que recollen sendos informes realizados por Fernando González Laxe, ex Presidente da Xunta ou Miguel Rodríguez Bugarín, Catedrático de Ferrocarrís e Director Xeral de Mobilidade no primeiro goberno de Feijóo.

“Continuamente vemos como o diñeiro orzamentado non era executado e volvíase a aparecer total ou parcialmente nos orzamentos do ano seguinte, vendéndosenos coma se fose un novo investimento”, queixase Mao na súa misiva. “Tampouco é crible, Sr. Presidente, que a paralización dalgúns tramos teña que ver coa situación política que viviu España durante case un ano, porque os contratos estaban asinados e o Goberno o único que tiña que facer era facer cumprir a lei. Se unha empresa non paga a seguridade social, a seguridade social penalízalle, chegando mesmo ao embargo e para iso non é óbice que o goberno estea en función”, engade.

Por iso, insiste en que sexa coherente, e faga valer a súa maioría absoluta en Galicia, e lle reclame xa ao Goberno central que se complete o mapa ferroviario a Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Ted Flanders

o AVe a Galza é un erro, os camiños de ferro na Galiza son un erro, as infraestructuras na Galiza son un erro: nin portos, nin aeroportos nin estradas nin autoestradas!!! Os aborixes tendes que seguir botando fora, como emigrantes aos vosos fillos e votando a Puedemos, PCE (y olé!), PSOE y PP para ca vosa reserva siga aberta un tempo mais...Pero non moito mai eh? cando morran os últimos vellos pensionistas poñede o cartaz de "Morreu porque quixo"

1 Españolistas dades noxo

O AVE pra ir a Madrí é un erro, principalmente porque xa hai infrastructura pra iso. O que non hai son cercanías, redes de autocarro etc. que sirvan pra vertebrar Galiza internamente. Somos a única comunidade costeira (as de máis poboación) sen rede de ferrocarrís de cercanías, pero precisamos un AVE que vai ser máis caro có que temos pra ir a Madrí. CLARO QUE SI ONVRE

4 Quero un eixo atlántico

Eses Aves a Madrid só aumentarían a dependencia económica de GZ có estado espanhol.

3 Argonauta

Este Mao xa era un malandro nos meus tempos de estudante e continúa a sé-lo...nunca deu pau a auga o mamporreiro de Isidro Gracia, cacicorron do Psoe sudista galego.......

2 expaña nos rouba

E para mais INRI a masacre que fixeron... do alvia... o gobernó da pepe-$oe... o fascinerio de expaña...

1 Ahiodeixo

¿Para qué un AVE en Galicia?

1 MEU

Xa postos ¿para qué Galicia?