Cartas de amor en galego por San Valentín

A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela organiza este peculiar concurso

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2017 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Con motivo da celebración do Día de San Valentín, a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela organizou un concurso de cartas de amor en galego no que poderán participar persoas maiores de 14 anos.

Unha postal de San Valentín en galego
Unha postal de San Valentín en galego | Fonte: made in Galiza

As bases deste concurso poderán consultarse a partir deste mércores, 1 de febreiro, na páxina web da biblioteca, así como na súa páxina de Facebook e nas propias instalacións do centro.

O espazo de presentación dos traballos concluirá o 14 de febreiro ás 21,00 horas. As cartas, cunha extensión máxima dunha páxina a ordenador, deberán ir sen asinar e cun pseudónimo.

O concurso terá un primeiro, un segundo e un terceiro premio, dotados cada un deles cun lote de libros. A resolución do xurado farase pública o 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 RebecaLuengo

Yo la verdad que no tengo pareja ni tengo nada, pero creo que con este amarre de amor con orina efectivo que le estoy haciendo a la persona que amo, podré enviarle este próximo 14 de Febrero unas bonitas cartas de amor como las que se muestran en este artículo. Muchas gracias por todo.

1 nostrus

Xa, pero a "lingua materna" non ten por que ser necesariamente o galego, que só é lingua materna de aqueles galegos en que o galego é a sua lingua materna, ¿pilládelo?. Hay moitisimos galegos que a sua lingua materna é o español, e son tan galegos como o que mais. Facendo prestidixitacion coas verbas consíguese enganar a algunhos, pero non a todos.

1 Cansa de parvadas

Esta nova unicamente se fai eco dun concurso sen entrar en ningún tipo de valoración. Non vexo o problema por ningures.