Temas: EDUCACIóN

A CIG-Ensino e A Mesa esixen un novo marco xurídico que remate coa "exclusión do galego" nas aulas

O conselleiro asegura que está "demostrado" que o decreto do plurilinguismo posibilita "un maior coñecemento" do galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2017 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización Lingüística esixiron un novo marco xurídico que remate "coa actual exclusión do galego" nas aulas a consecuencia da aplicación da LOMCE e do decreto do plurilingüísmo.

Protestas de CIG-Ensino e A Mesa na Secretaría Xeral de Política Lingüística
Protestas de CIG-Ensino e A Mesa na Secretaría Xeral de Política Lingüística | Fonte: CIG-Ensino

Segundo explicou o sindicato nacionalista, unhas 50 persoas acudiron este mércores ás dependencias de Política Lingüística en Santiago de Compostela para "conseguir unha reunión" co secretario xeral, Valentín García, e o "o compromiso de ser recibidos" polo conselleiro do ramo, Román Rodríguez.

A CIG destacou que este "encerro" rematou xa esta mesma maña tras ser recibidos por Valentín García. O titular de Política Lingüística trasladoulles, segundo indicou a GC, que "se estaba a preparar unha circular para adaptar o decreto de plurilingüismo á LOMCE", pero non que teña recoñecido que a situación do galego "sexa ilegal e irregular pola aplicación da LOMCE", tal e como apuntou o responsable da CIG-Ensino, Anxo Louzao.

"Dende A Mesa e dende a CIG-Ensino deixamos claro que isto é totalmente insuficiente e que a única saída é derrogar este decreto e abrir un debate dirixido a elaborar outra norma coa que se camiñe cara á plena normalización lingüística", manifestou.

Ademais, indicou que solicitaron unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para trasladarlles as súas propostas. A este respecto, apuntou que conseguiron "ser citados o 15, 16 ou 17 de febreiro". Este extremo foi confirmado polo departamento autonómico, que explicou que si terá lugar este encontro para o que aínda non hai unha data fixa establecida.

POSTURA DO CONSELLEIRO

Pola súa banda, preguntado ao respecto nun acto en Rianxo (A Coruña), Román Rodríguez asegurou que "se demostrou socialmente e xuridicamente" que o decreto é "absolutamente viable" e que posibilita que "partindo dun equilibrio lingüístico" todos os galegos teñan "un maior coñecemento" tanto "a nivel oral como escrito" da lingua galega.

"En principio parécenos unha medida de presión que quizais non sexa a máis axeitada e sempre temos que apostar polo diálogo e por entendernos entre nós", sinalou sobre a protesta levada a cabo este mércores pola CIG e A Mesa.

Neste sentido, insistiu en que este decreto "está a cumprir a súa folla de ruta que é garantir o coñecemento pleno a todos os estudantes do sistema educativo". "E iso estase a cumprir sen ningún tipo de problema", apuntou.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Fartodalingua

Pero si no hay más que jallejo por todos los lados. La mitad de las asignaturas o más se dan en la lengua regional, todas las comunicaciones internas y externas de los colegios e institutos están en la lengua minorizada, los murales de los colegios todos en el idioma rey de las aldeas de nuestra región, los menús recogen platos de garabanzos, patacas minutas, peixe e leituga (si pides garbanzos, patatas, pescado o lechuga te dicen que no hay); cualquier festival que se celebre en los centros educativos todo en la língua del pobo asoballado. Y así hasta en la sopa, hasta el infinito...hasta los Kinder de esa tropa de fachas totalitarios.

6 LOuzao Grazas!

Grazas a CIG Ensino faise respectar o ensino da nosa lingua, que se temo que agardar o que pida política lingüística ou a consellería iamos bos... louzao obrigado por defender a nosa cultura e un ensino laico, público e gratuíto. Estes que rosman son os típicos que agradecen os días de folga do alumnado, pero non as fan porque desconta, ou que aproveitan todos os logros que as reivindicacións sindicais conseguen, en especial a CIG a moita distancia.

5 Lupe

Este ano hai congreso e Anxo Louzao ten que perpetuarse no cargo

4 PUGNAZ

Ya salieron los de Queremos galego subvencionado, desesperados porque el avance de la civilización hace que se les acabe el glogló y trakatrá, y a lo mejor tienen que ponerse a trabajar...Temas como este solo pueden tratarse en serio desde una base de partida: la Constitución española de 1978 que nos configura como una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles deben conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas regionales o minoritarias. Pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas como las que arguye este joven con un claro cariz político, segregacionista y pugnaz.

3 ENG

Que carajo decís del gallego si el español es más inútil, lo normal sería dejar el castellano de lado, solo vale para hablar con el culo de Europa y con Machupichus. Para cuando el monolingüismo en inglés, las lenguas no tienen derechos son una herramienta, y la más útil es el inglés y el chino mandarín.El inglés es tan propio de Galicia como el castellano, el único idioma propio de Galicia es el gallego, el español es un idioma impuesto a la fuerza por el nazionalismo español, el inglés sería impuesto por utilidad no por razones políticas, imperialistas o sentimientos de superioridad.