Temas: SáLVORA

A paisaxe da illa de Sálvora será protexida

A Xunta inicia os trámites para que este espazo das Illas Atlánticas sexa a primeira paisaxe natural declarada BIC.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 02/02/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A illa de Sálvora será a primeira paisaxe natural en formar parte das lista de Bens de Interese Cultural (BIC), unha categoría creada pola Lei de Patrimonio Cultural, aprobada o ano pasado. E é que a illa cumpre todos os requisitos ambientais e paisaxísticos, así como etnográficos e culturais, para ser declarada BIC dentro da categoría Paisaxe Cultural, unha figura pensada para distinguir a aqueles lugares identificables por un conxunto de cualidades culturais, materiais e inmateriais singulares.

Membros de Adega na illa de Sálvora
Membros de Adega na illa de Sálvora | Fonte: Adega

Así, o anunciaron a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. Ambas as dúas consellerías levan varios meses preparando a documentación técnica do expediente, que foi informado favorablemente este martes pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O seguinte paso será sometelo a información pública, momento no que entrará en vigor o réxime provisional de protección para a illa.

Sálvora é a maior reserva de Europa de erodium, que conta cunha especie en perigo de extinción e da que na illa se contabilizan 60.000 exemplares. Ademais, tamén é reserva de cabalo autóctono galego e reserva biolóxica de aves mariñas, como gaivotas patiamarillas ou corvos mariños cristados.

O seu grande valor xeolóxico exemplifícano os 'bolos', grandes rochas graníticas erosionadas polo vento e características da súa paisaxe. Tamén destaca a súa arquitectura característica, como a fábrica de salazón recentemente restaurada.

Axudas

O pasado ano destinouse unha partida de preto de 100.000 euros para mellorar os camiños, adoptáronse medidas para a prevención dos lumes forestais, realizáronse traballos para o trampeo do visón americano, elaborouse un dosier para recibir a Carta Europea de Turismo Sostible, deseñouse material divulgativo e participouse no seguimento de aves.

Beatriz Mato recordou tamén que, xunto co Goberno central, a Xunta asumiu unha das "actuacións fundamentais" neste sentido, a elaboración do Plan Director da Paisaxe Cultural da Isla de Sálvora. Con este documento, apuntou, establécese a folla de ruta para o coñecemento integral do territorio insular e da súa arquitectura tradicional, así como a estruturación dos instrumentos necesarios para protexelo e poñelo en valor.

Temas: SáLVORA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta