Temas: LEITE

Galicia perdeu 615 granxas lácteas en 2016, o 60% do total do Estado

Houbo alza de prezo pero sen chegar a 30 céntimos o litro. A produción de leite mantívose case invariable, cunha suba de tan só o 0,5%.

Por E.P. | A CORUÑA | 02/02/2017 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Galicia perdeu en 2016 un total de 615 granxas lácteas, ao pasar dos 9.132 produtores con entregas cos que pechou 2015 aos 8.517 de decembro do pasado ano. En toda España desapareceron un total de 1.031 explotacións lácteas durante este período, de forma que o 59,6% das granxas que pecharon en 2016 eran galegas.

Granxa de vacas
Granxa de vacas | Fonte: Europa Press.

Así figura nos datos publicados polo Ministerio de Agricultura, nos que se observa un lixeiro repunte no prezo que se paga de media aos gandeiros galegos ata 29,8 céntimos o litro en decembro de 2016 (eran 29,7 céntimos en novembro), o que supón un céntimo máis cos que se terminou 2015 (28,8 céntimos).

De todos os xeitos, Galicia continúa como a autonomía na que os produtores perciben menos polo seu leite e a única na que aínda non se alcanzan os 30 céntimos por litro, mentres a media sitúase en 31,3 céntimos.

Ademais, os prezos que se pagan a gandeiros galegos (29,8 céntimos) por un litro de leite están cinco céntimos por baixo dos 34,9 céntimos que se abonan aos produtores do País Vasco, que rexistra o maior prezo peninsular.

En xullo de 2016 alcanzouse o prezo máis baixo do leite en Galicia desde maio de 2009, con 26,7 céntimos, e desde entón incrementouse ata case rozar os 30 céntimos en decembro no marco dunha subida xeneralizada en España.

PRODUCIÓN

No tocante á produción, Galicia produciu en 2016 un total de 2.603.141 toneladas de leite, o que supón unhas 13.250 toneladas máis que as 2.589.890, é dicir, unha subida do 0,5%, de forma que se mantén case invariable.

En decembro de 2016 houbo un novo incremento en Galicia ata 214,6 toneladas, fronte ás 203,4 toneladas de novembro, de forma que se sitúa como a quinta cantidade menor do ano.

Temas: LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta