Temas: MúSICA

Concertos de primeiro nivel polas mañás en Pontevedra

The Sadies, a extraordinaria banda de rock piscodélico canadense, encabeza o cartel dun novo ciclo que busca recuperar a tradición de eventos culturais ao mediodía.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 02/02/2017 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Pontevedra sempre foi unha cidade inqueda, viva culturalmente e enchida de propostas de entretemento do máis variado. Seguindo esta tradición, o Concello de Pontevedra vén de presentar o seu novo ciclo “As Matinés do Principal”, unha proposta coa que se busca dinamizar as mañás das fins de semana con espectáculos musicais de moi diversa índole, deseñados dende unha perspectiva específica: dotar de contido culturas ás sesión de mañá do Teatro Principal, e facelo pensando en todos os públicos, dende os máis cativos aos máis veteranos.

The Sadies
The Sadies

Artistas galegos, nacionais e internacionais nun proxecto que contará ademais coa colaboración de boa parte do comercio e a hostalería local, que ofrecerá aos clientes que presenten a súa entrada un 10% de desconto os días de concerto, e tamén do proxecto Sétima Feira (moda + arte) os segundos sábados de cada mes, que ofrecerá un 5% de desconto, permitindo así que a dinamización saia do propio teatro e chegue a todos os recunchos da cidade.

Fuxindo dalgúns dos tópicos dos formatos de programación matinais concibidas para un público fundamentalmente infantil, As Matinés do Principal buscan unha audiencia moito máis ampla e fomentar novos horarios de consumo cultural. Os concertos das Matinés do Principal están pensada para gozar en familia, entre amigos… Os cinco concertos comezarán todos ás 12.00 do mediodía e se celebrarán en fin de semana (catro sábados e un domingo), un horario asumible tanto para grupos familiares como para o cada vez máis numeroso público que reclama unha oferta de ocio diúrno con personalidade e de calidade.

A variedade das achegas musicais desta primeira edición Teatro Principal a artistas, músicos e grupos internacionais, nacionais e galegos de contrastada reputación, valía artística e orixinalidade. A inconfundible voz da actriz e cantante madrileña Leonor Walting, líder de Marlango, será a encargada de inaugurar “As Matinés do Principal” o sábado 4 de marzo co seu pop cheo de estilo e carácter ao que seguirá o sábado 1 de abril esa fusión de rock, country e blues de The Sadies, banda de culto canadense con máis de dúas décadas de experiencia e éxitos. Óscar D’Aniello (Delafé) presentará nas nosas matinés La fuerza indescriptible, o seu primeiro traballo en solitario tras máis dunha década envorcado no proxecto Delafé y Las Flores Azules cuxo título define con precisión o carácter sobre o escenario deste músico e cantante catalán. Feitos en Galicia, propoñemos dous xeitos de achegamento a músicas “populares” dende perspectivas ben diferentes, como as de De Vacas e a súa orixinal visión para versionar coñecidos “temazos” que rescatan para todos os públicos cun formato fresco e divertido co que nos emocionan e fan rir a partes iguais, ou a Orquestra Os Modernos, un renovado rexistro musical das noites de verbena e as mañás de vermú con bailes como o foxtrot, baiao, chotis, tango, rumba, muiñeira, xota, etc.; a Orquestra Os Modernos estarán secundados no seu concerto que clausura o ciclo o domingo 4 de xuño por Espiño (o novo proxecto musical do inquedo músico compostelán líder da banda Los Chavales, Alfonso Espiño que resultou recentemente gañador do certame Galicia Creativa da Fundación SGAE).


PROGRAMACIÓN

MARLANGO
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
SÁBADO 4 MARZO 2017
12.00
14 euros (anticipada) / 16 euros (billeteira)
desconto 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com

THE SADIES
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
SÁBADO 1 ABRIL 2017
12.00
14 euros (anticipada) / 16 euros (billeteira)
desconto 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com


DE VACAS
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
SÁBADO 6 MAIO 2017
12.00
12 euros (anticipada) / 14 euros (billeteira)
desconto 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com


DELAFÉ
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
SÁBADO 3 XUÑO 2017
12.00
12 euros (anticipada) / 14 euros (billeteira)
desconto 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com


ORQUESTRA OS MODERNOS
+ ESPIÑO
TEATRO PRINCIPAL
PONTEVEDRA
DOMINGO 4 XUÑO 2017
12.00
12 euros (anticipada) / 14 euros (billeteira)
desconto 50% para menores 14 anos
venda entradas: ataquilla.com


LOCAIS COLABORADORES

Tabula Rasa / Rúa da Marquesa, 4
Recorcho Gastrobar / Travesía Charino, 2
Taberna Saudade / Rúa da Princesa, 8
El Pecado / Rúa de Fernández Villaverde, 3
Taberna Zentola / Rúa de Paio Gómez Charino, 5 *
Café Moderno / Praza San Xosé, 3 *

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta