Temas: LUGO

Xulgan aos activistas que protestaban contra as obras no Miño

Varios membros da Plataforma Lugo de Cara ao Minho foron xulgados esta mañá. Antes houbo unha concentración en apoio das tres persoas denunciadas por INCA.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 03/02/2017 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

Segundo os convocantes, medio cento de persoas concentraronse á 9:30 de hoxe diante dos xulgados de Lugo. Os afectados protestan contra unha denuncia da empresa INCA, responsable das "obras ilegais" da fábrica da luz.

Concentración diante dos xulgados por parte da Plataforma Lugo de Cara ao Minho
Concentración diante dos xulgados por parte da Plataforma Lugo de Cara ao Minho

Lois, Miguel e Lola, as tres persoas denunciadas, agradeceron a todas as persoas e organizacións sociais e políticas o seu apoio e manifestaron a súa incromprensión por esta denuncia.

A vista celebrada hoxe estaba prevista para o pasado día 20 de xaneiro pero naquel momento foi aprazada para hoxe, pola ausencia dunha testemuña.

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta