A efímera vida dun dos castros máis antigos e importantes de Galicia

Un impresionante sitio arqueolóxico foi descuberto durante as obras do porto exterior da Coruña. Despois dunha excavación de urxencia, as escavadoras remataron con el.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/02/2017 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Houbo unha vez na Coruña un castro  que hoxe ben podería ser un símbolo deste país. Foi un dos máis antigos de Galicia,  datado no século IX a.C., e, probablemente, un dos máis estudados. E, aínda que o que se atopou nel deixou abraiado ao equipo arqueolóxico que o estudou polos grandes achádegos que se fixeron, o certo é que, del non queda xa nada. Nin unha miserenta pedra.

Imaxe aérea do castro de Punta Langosteira, agora, inexistente / www.fomento.gob.es/
Imaxe aérea do castro de Punta Langosteira, agora, inexistente / www.fomento.gob.es/

Este impresionante sitio arqueolóxico estaba na Punta dos Muros, un pequeno saínte dentro da Punta Langosteira.e os achados atopados apuntan a que podería ser unha factoría fortificada da metalurxia do bronce. E que facía un castro especializado en metalurxia en épocas tan temperás en Galicia?. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta