Temas: OURENSE

Citan como investigado ao alcalde do Bolo tras denunciar o PSOE suposta prevaricación administrativa

A resolución xudicial indica que "os feitos presentan características que fan presumir a posible existencia de prevaricación administrativa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2017 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

A titular do xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 de Pobra de Trives citou en calidade de investigado ao alcalde do Bolo, o popular Manuel Corzo, tras a denuncia presentada polo grupo municipal do PSOE na que acusaba o rexedor de suposta prevaricación administrativa.

Manuel Corzo, alcalde do Bolo, coa titular de Infraestruturas, Ehtel Vázquez
Manuel Corzo, alcalde do Bolo, coa titular de Infraestruturas, Ehtel Vázquez | Fonte: xunta.gal

O rexedor terá que declarar o próximo 23 de febreiro ás 12.00 horas. Segundo informa o edil Juan Ferreira, tanto o alcalde como á secretaria do Concello non facilitan, desde hai anos, a información e documentación solicitada para exercer o control da actividade política e administrativa do goberno local.

Neste sentido, criticou a "ilegalidade antidemocrática" que constata esta denuncia, e a intención do responsable político de "coartar" o traballo da oposición "de forma intencionada".

A resolución xudicial, coa que se incoou o inicio das dilixencias previas, indicaba que "os feitos presentan características que fan presumir a posible existencia de prevaricación administrativa".

Así, a xuíza ordenou ao Goberno local a documentación relacionada con expedientes e respostas solicitadas polo grupo municipal socialista desde novembro de 2014, así como copia das instancias do PSdeG-PSOE nas que reclamaba a celebración de plenos extraordinarios que, segundo denunciou esta formación, "nunca foron convocados".

Temas: OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta