Persoal laboral volve protestar ante o Parlamento contra a “artimaña” da Xunta coa funcionarización

Insisten en que no proceso hai "un ERE encuberto" das residencias nas que traballa este persoal laboral e unha intención de "privatizar servizos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2017 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Persoal laboral volveu a protestar este luns ante o Parlamento de Galicia contra o que considera unha "artimaña" da Xunta, en relación ao proceso de funcionarización previsto na lei de acompañamento aos orzamentos.

Persoal laboral protesta ante o Parlamento de Galicia
Persoal laboral protesta ante o Parlamento de Galicia | Fonte: EP.

En declaracións aos medios de comunicación, Mónica Fernández, unha portavoz do colectivo, insistiu en que na súa opinión detrás do artigo relativo ao proceso hai "un ERE encuberto" das residencias nas que traballa este persoal laboral na comunidade.

"Queremos seguir traballando", advertiu, antes de lembrar a lema da concentración: "Funcionarización, así non". "Non sen negociación", engadiu.

Segundo estes traballadores, para eles "todo está no aire" coa modificación incorporada na norma: no que respecta a bases de cotización, trienios e 'pluses', entre outros aspectos. Ademais, engadiu que perden "o amparo" do quinto convenio colectivo.

En resumo, lembrou que "hai anos" que o PP "di que estes centros son unha perda de diñeiro". "Cremos que o fin é privatizar servizos", finalizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta