As queixas por vulneración dos dereitos lingüísticos duplicáronse en 2016

O servizo de atención cidadá da Mesa pola Normalización Lingüística recibiu máis do dobre de queixas que no ano anterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2017 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O servizo de atención cidadá da Mesa pola Normalización Lingüística, 'A Liña do Galego', recibiu máis do dobre de queixas por vulneración de dereitos lingüísticos en 2016 respecto ao ano anterior, 339 fronte as 157 rexistradas en 2015.

Protestas de CIG-Ensino e A Mesa na Secretaría Xeral de Política Lingüística
Protestas de CIG-Ensino e A Mesa na Secretaría Xeral de Política Lingüística | Fonte: CIG-Ensino

A maioría das protestas cidadás trasladadas a través deste servizo referíanse a toponimia deturpada (25%), discriminación ou exclusión do galego (21%), rexeitamento a ser atendidos no seu idioma (19%) ou a súa inexistencia na rotulación e sinalización (16%) de vías, institucións ou establecementos.

Outras se referían a rexeitamentos da UNED a escritos en galego dun alumno, negación da atención neste idioma por servizos telefónicos da Axencia Tributaria estatal, compañías de seguros ou de banca e outras empresas e a súa exclusión na facturación ou nas páxinas webs de concellos, entre outras.

Máis da metade das queixas, o 51 por cento, implicaban a administracións públicas (a 42% galega e 31 a estatal), ademais de empresas de servizos (26%) e entidades privadas (19%).

Así mesmo, o Sergas situouse como administración pública cun maior volume de protestas cidadás, sobre o 30%, ademais da Axencia Tributaria Española, a Xunta e Correos.

Audasa, pola súa banda, foi a empresa privada con maior porcentaxe de denuncias, seguida de Renfe, Abanca e IKEA.

"RACISMO" LINGÜÍSTICO

O presidente da asociación, Marcos Maceira, presentou os datos deste informe anual sobre as comunicacións recibidas polos cidadáns a través do servizo de atención.

Ademais destas queixas, a entidade rexistrou 24 peticións de axuda e consello sobre dereitos lingüísticos, modelos de contratación en lingua galega e outro tipo de consultas. Tamén recibiu 68 informacións sobre establecementos e administracións que garanten unha correcta atención, comunicación e servizo neste idioma.

Maceira achacou o incremento neste volume de queixas a que a nova aplicación móbil do servizo e a que o cidadán conta con "máis facilidades" para denunciar a situación real do idioma e o "racismo" lingüístico que sofren os seus falantes "en pleno século XXI".

"Non se pode consentir", advertiu, lamentando que este tipo de casos nos que, por exemplo, prodúcese "chantaxe" desde un servizo e atención para que o cidadán utilice o castelán para evitar "atrasos" están "absolutamente naturalizados"

Unha situación que en castelán "sería impensable", porque "sería ilegal".

ILP

Por todas estas razóns, rexistraron unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) o pasado venres no Parlamento orientada a garantir os dereitos lingüísticos dos cidadáns no ámbito socioeconómico, que se presentará en profundidade o próximo 18 de febreiro.

"Somos persoas, somos seres humanos, temos dereito a falar a nosa lingua no noso país", considerou Maceira, quen pediu o apoio da cidadanía a esta nova iniciativa (para a que necesitan 10.000 sinaturas) "para reverter esta situación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 nostrus

A la Mesa por la Imposicion Lingúistica no le importan los derechos de la gente, solo le importan sus dogmas y sus chorradas, porque si le importaran los derechos de las personas se quejaria de que la rotulacion urbana y en los edificios esta solo en gallego. La Mesa es una especie de inquisicion que hace lo que mejor sabe, que no es otra cosa que actuar de modo fascista, pero conmigo la tiene clara porque no le hago p*to caso. A la Mesa que le den.....

3 Parabéns

Pois iso, parabéns á Mesa e a seguir traballando polos dereitos sistematicamente arrasados dos galegofalantes. As cinsas do que antano foron trolls de Glory Lake ladran, logo cabalgades.

2 carla

Decir que os 'castellanos' están discriminados e como dicir que o lobo e á vítima do rebaño (cos meus respectos para os lobos). Calquera que lea isto é queira educar ás súas fillas e fillos no noso idioma sabe do que falo.

1 Galegus

Una pena que el chiringuito upegallo no recoja las violaciones que a diario sufrimos los castellano hablantes. Cualquiera que vaya a la Xunta gobernada por el PP verá que sólo hay rotulación en gallego, resoluciones en gallego, información en gallego. etc. Lo contrario de lo que ocurre en Bretaña, Irlanda o las diferentes regiones bilingües de los países democráticos, entre los que evidentemente no se encuentra España, ni Galicia

1 Balbino Fernández

Comezo a duvidar, hai unha praga de provocadores fascistas comentando en GC, ou hai animadores da casa para aumentar visitas. Non sei dicir cal é a atitude máis miserable!

2 VaiaporDeus

Eu opto por pensar que o supremacista de nostrus ten varios alter-egos. Yo opto por pensar que el supremacista de nostrus tiene varios alter-egos. I choose to think that nostrus, that supremacist, has many alter-egos. PARA QUE TODOS LOS CASTELLANOHABLANTES OPRIMIDOS LO ENTIENDAN

3 Silvia

JAJAJAJAJAJAJA!!!! (ah...non era broma???)