A Cidade da Cultura celebra o 4 de marzo a sesión do ciclo Nexos aprazada en xaneiro

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o próximo 4 de xaneiro a sesión do ciclo Nexos sobre 'O aforismo e a beleza da síntese' que tivo que aprazarse no mes de xaneiro.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2017 | Actualizada ás 13:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o próximo 4 de xaneiro a sesión do ciclo Nexos sobre 'O aforismo e a beleza da síntese' que tivo que aprazarse no mes de xaneiro.

A cita será a partir das 12,00 horas no auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca de Galicia e contará coa presenza do profesor Jorge Wagensberg e coa actuación da soprano Carmen Gurriarán xunto ao pianista Pablo Seoane.

Na sesión abordarase a historia dos aforismos, pequenos escritos que están a experimentar un importante "renacemento" grazas á "moda dos 140 caracteres".

O profesor de Física Jorge Wagensberg, creador do Museo da Fundación La Caixa, será o encargado de disertar sobre esta cuestión. Posteriormente, o público poderá gozar do concerto 'No me pertenezco', composto por dez pequenas cancións de autores como Anton Webern ou Francis Poulenc.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta