Mini cumio de concelleiros e alcaldes galegos en Bruxelas

Trinta cargos de concellos galegos, entre eles tres rexedores, visitarán esta semana o Parlamento europeo da man de AGEe.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/02/2017 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

Un grupo formado por 30 persoas que actualmente exercen cargos políticos electos en municipios galegos desprazarase esta semana ata Bruxelas, convidados pola eurodeputada de AGEe Lídia Senra, para participar no Parlamento galego no Encontro Anual Realpe de representantes locais electos.

Alexis Tsipras xunto a Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras nun acto en Santiago
Alexis Tsipras xunto a Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras nun acto en Santiago

Entre os participantes nesta viaxe están os alcaldes de Manzaneda, Salceda de Caselas e A Pobra do Caramiñal, así como os tenentes de alcalde de Cambados e Ferrol e concelleiros de Arbo, As Pontes, Toén ou Cangas, entre outras localidades.

O grupo chegará a Bruxelas o martes ao mediodía para realizar unha visita guiada polo Parlamento Europeo e coñecer en directo en funcionamento da institución. Xa o mércores e xoves, a súa actividade centrarase en participar xunto con cargos electos municipais doutros países de Europa no encontro.

O primeiro debate no Parlamento europeo terá lugar o mércores e virará sobre 'Accións que se poden desenvolver desde os municipios para fomentar o emprego, a industria e a defensa dos dereitos sociais'.

Xa o xoves pola mañá desenvolverase o segundo panel da iniciativa Realpe, que virará sobre 'Boas prácticas na recepción de refuxiados. Que cooperación debe desenvolverse desde os concellos'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Nefelibata

E nós a traballar e pagar impostos para pagarlles as viaxes... O día en que os europeos espertemos do noso soño ou do pesadelo... Que lles pregunten aos infelices gregos sobre pesadelos? E estes eran os do cambio, a casta e tal... En fin, sillón de mis entretelas... https://www.youtube.com/watch?v=S9Y... Fagámonos un favor os esquerdistas galegos: lembrémoslles a estes nas eleccións próximas o que é ser de esquerdas.

1 LKI

Alomenos esta xente son cargos electos que fan un traballo público. O patético é ter que traballar e pagar cotas para financiarlles as viaxes a "eurodeputadas" imaxinarias, liberados eternos e vividores da política como facedes os catro paganinis que quedades no BeNeGá.

2 Serio

LKI, normalmente non presto atención os teus pobres comentarios de liberado patético e matón pero hoxe si. Creo que a xente que perdeu familiares no accidente do Alvia ou mesmo quedou ferida e tivo que aturar as mentiras do Reino terá outro concepto sobre o traballo que fixo Ana Miranda. Acabas de pasarte moito, nugallán, non todo vale.

3 balbino

LKI eres escoria, Ana Miranda deputa imaxinaria???? se é a única que representa a Galicia en Europa, que llo digan os pescadores do xeito, os afectados do Alvia, os preferentistas... creo que hai pouca xente na política tan loitadora e tan sacrificada polas causas xustas. Sinceramente de ti e catro máis que andades por aquí quédame a esperanza de que sexades pepeiros camuflados enmerdellando entre a esquerda e o nacionalismos, dades auténtico noxo.

4 FRPU

"Non todo vale"... E iso o dicides dende unha organización na que financiades perfís trol de facebook e twitter para que denigren, insulten e difamen todos os días a representantes de AGE, Anova ou Mareas, sobretodo ás mulleres. Qúe papo tedes no BnG.

2 Androide

Este que sai na foto nom é o tal Tsipras que convocou e ganhou um referendo que depois deitou ao lixo?

1 Sesta do vello

Que buenos son que buenos son los señores de AJE que nos llevan dexcursión.