Multar en galego en Galicia é legal

Un xulgado do Administrativo sentencia que tramitar unha multa en galego non causa "indefensión" aos cidadáns, como argumentara unha cidadá sancionada por aparcar mal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2017 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra considera que tramitar unha multa en galego non causa "indefensión" aos cidadáns. Ese foi o argumento esgrimido ante o recurso presentado contra unha muller que, tras aparcar en zona prohibida, foi sancionada con 100 euros. Unha multa que a infractora pretendía que lle retirasen, entre outras cuestións, por estar tramitada en galego.

Edificio Michilena, sede do servizo de persoal do Concello de Pontevedra
Edificio Michilena, sede do servizo de persoal do Concello de Pontevedra

A multa impúxoselle en xuño de 2015, segundo reza a sentenza por "estacionamento indebido". A condutora en cuestión recorreu a sanción inicialmente en vía administrativa, pero o Concello desestimou as súas alegacións. Así as cousas, optou por xudicializar o caso.

O Concello de Pontevedra foi informado desta sentenza na xunta de goberno deste luns da que deu conta o portavoz, Raimundo González, quen sinalou que a muller alegaba que os feitos denunciados "non eran certos" e que se vulneraba a presunción de inocencia, o dereito á tutela xudicial efectiva e o principio de responsabilidade.

Ademais, a recorrente aseguraba que non se achegaba a fotografía que acreditase a infracción, que había falta de motivación na resolución ou que había falta de tipicidad nos feitos denunciados. O recurso finalizaba con que a muller sufrira "indefensión" porque a denuncia e o expediente en cuestión tramitouse en galego.

O Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra desestima o recurso da muller sancionada porque considera que ningunha das súas pretensións ten "maior fundamento", confirmando a actuación municipal impugnada. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Ana Patricia no es casta

Non botades en falta unha condena en costas por mala fe procesual?

1 Parabéns!!

Os sinais poden e deben estar en galego e tratar de enganar a xustiza dicindo que non se entenden é inútil, xa hai xurisprudencia. Unha nova vitoria para o conxunto do país e o seu idioma. Agora xa saben as víboras bífidas do nacionalismo español, a chorar á caverna e a rabiar.

1 nostrus

el gallego en Galicia es tan oficial como el español y no tiene porque sufrir indefension. Otra cosa distinta es que la mujer alegara que no comprende el gallego, puesto que el TC ya dijo en su momento que el gallego no es obligatorio comprenderlo. La mujer se queja de que este la multa en gallego, pero no se queja de que no comprende el gallego.

2 Eu mesmo

A multa estará em galego, mas o sinal de proibido aparcar é internacional. Se tanto lhe custa nom entender "NON APARCAR" frente a "NO APARCAR" é que possivelmente seja uma autêntica parva e nom deva nem poder conduzir.

3 BenDito

jajajaj efectivamente. Es posible que la chavalita esta sea bastante palurda.