O PSdeG cualifica de “fraude de lei” a situación na que se atopan 4.000 traballadores da Xunta

O socialista Díaz Villoslada denuncian que se vulnerarán os dereitos do persoal funcionario mediante a Lei de Acompañamento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/02/2017 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O portavoz de administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, denuncia que case 4.000 traballadores e traballadoras temporais da administración pública poden perder o seu traballo sen percibir indemnización pola modificación dos seus dereitos laborais “en fraude de lei” que pretende facer a Xunta mediante a Lei de Acompañamento, tal e como informou GC a pasada semana.

Concentración de funcionarios en San Caetano
Concentración de funcionarios en San Caetano

“É unha chantaxe a centos de traballadores e traballadoras, que teñen que aceptar pasar a ser funcionarios interinos sen ningunha garantía de non ser despedidos ou renunciar ao seu posto”, explica Villoslada, quen ademais lembra que o Tribunal Constitucional xa se ten pronunciado en contra deste tipo de cambios lexislativos “pola porta de atrás, por imposición e sen tramitación parlamentaria”.

O deputado socialista lamenta “a falta de diálogo e a política impositiva” do goberno do PP, que redunda na “total falta de hixiene democrática e a actitude absolutista” que vén amosando o presidente da Xunta desde o inicio do novo mandato. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta