Temas: RíOS

Na procura da anguía galega

A Xunta destina 150.000 euros a analizar a poboación deste animal nas desembocaduras do Ulla, Umia e nas zonas da Costa da Morte, Costa Ártabra e a Mariña.

Por Galicia Confidencial | Arousa | 09/02/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Como está a poboación da anguía galega?. Con ese obxectivo, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural ten previsto realizar un estudo sobre a dinámica poboacional da anguía, os seus hábitats e o seu nivel de ocupación, que permitirá a futura incorporación destas zonas na rede de inventariado piscícola.

Anguía nun río
Anguía nun río | Fonte: cotodepesca.com

De feito, o estado de conservación da anguía esta sendo obxecto de estudo no conxunto dos países da Unión Europea. Por iso, o Diario Oficial de Galicia publica este mércores o procedemento aberto para a licitación, por 150.000 euros, dun estudo centrado no coñecemento da poboación de anguía europea nas zonas de desembocadura fluvial da demarcación Galicia Costa.

O ámbito de estudo sobre a poboación de anguía europea será, nunha primeira fase, as desembocaduras dos ríos Ulla e Umia e, nunha segunda fase, se extrapolará ás desembocaduras representativas doutras tres áreas xeográficas: Costa da Morte, Costa Ártabra e A Mariña.

A previsión é que o traballo se execute ao longo do 2017 e durante o primeiro semestre do 2018. A primeira parte está estreitamente vinculada ao traballo de campo, co fin de coñecer o estado e evolución da especie. Unha vez analizados os resultados, estableceranse os protocolos e técnicas de mostraxe máis acomodados para o estudo da bioloxía da especie e aplicaranse noutras áreas.

Temas: RíOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta