Sorprendidos por unha manda de xabarís no campus da Universidade de Santiago

Varias persoas puideron ver e fotografar un grupo de porcos bravos paseando pola zona universitaria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/02/2017 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

Foi arredor das 20.30 horas deste mércores. Unha manda de xabarís procedentes do monte Pedroso, preto dunha ducia, segundo varias testemuñas, paseábase polo campus da Universidade de Santiago, en concreto, na contorna das Facultades de Farmancia e Matemáticas e as instalacións deportivas da USC, até perderse finalmente por un arboredo próximo ao Centro de Transfusión de Galicia. O momento foi capturado por varias persoas que se atopaban na zona. No grupo de xabarís había exemplares adultos e varias crías.

Xabarís no campus da Universidade de Santiago
Xabarís no campus da Universidade de Santiago | Fonte: Verónica Mosquera.

Aínda que a de anoite foi unha escea insólita no campus compostelán, a presenza de porcos salvaxes é cada vez máis frecuente en zonas urbanas de Galicia, onde buscan alimento. Son varios os reportes da presenza de mandas destes animais por vilas e cidades de toda Galicia. Así, por exemplo, o pasado outubro un grupo de oito xabarís atravesou tamén pola noite a zona urbana do Temple, no municipio de Cambre e en outubro de 2015 tamén foi vista outra manda atravesando o centro de Lalín.

PLAN CONTRA O XABARIL

Recentemente, a Xunta puxo en marcha un plan de chocque para erradicar os accidentes e as desfeitas que o xabaril causa nalgunhas explotacións, para o cal destinou 1,3 millóns de euros en axudas, que tamén van destinadas a paliar os danos doutros animais salvaxes, enmarcados dentro dun plan de acción elaborado pola Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Grupo de xabarís no campus da Universidade de Santiago
Grupo de xabarís no campus da Universidade de Santiago | Fonte: Verónica Mosquera.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta