A derrota do Celta chega á política tras quentar Pedrerol as redes sociais

Feijóo evita censurar a Rueda por apoiar un tweet ofensivo contra o alcalde de Vigo pola derrota do equipo vigués e critica a Abel Caballero por utilizar o fútbol como unha “escusa”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/02/2017 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

“Alcaldeeeeeeeeeeee......”. Ese tuit escrito polo director do programa de La Sexta, Jugones, Josep Pedrerol, xusto despois da derrota do Celta ante o Alavés na Copa do Rei abriu a caixa dos tronos e non só a nivel futbolístico, senón, político. A crítica directa do xornalista ao alcalde e, por ende, a toda a afección celeste, foi aplaudida polo vicepresidente da Xunta e líder do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, que retuiteou a Pedrerol.

Josep Pedrerol, director de Jugones, de La Sexta
Josep Pedrerol, director de Jugones, de La Sexta | Fonte: La Sexta

“Este es el retwitt de Afonso Rueda en el que Pedrerol de mofa de la eliminación del Celta!!! Que se disculpe inmediatamente!”, escribía pouco despois na súa conta a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Percatado do erro, Rueda tentou enmendar algo difícilmente enmendable: “Una pena que se alegre de la derrota de un equipo que lo merece todo solo porque alguien no ha estado a la altura de su ciudad”, escribía despois na súa conta persoal.

Pero o lume xa estaba prendido e centenares de siareiros celestes saíron a criticar a actitude “centralista” e “madrileña” de Pedrerol, secundada por dirixentes políticos como Alfonso Rueda. E  a esa guerra de tuits, tamén se uniron siareiros deportivistas que se puxeron do lado dos celtistas. 

Críticas de Feijóo

Precisamente, sobre esa polémica nas redes sociais se lle preguntou a Feijóo este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. O presidente galego evitou mollarse na defensa do seu número dous, pero tampouco censurou a súa actitude. “Eu do mundo dos tuits teño pouca información”, ironizou. 

Aspas tivo a mellor ocasión celeste na primeira parte.
Aspas tivo a mellor ocasión celeste na primeira parte. | Fonte: lfp.es

En todo caso, defendeu a decisión de Caballero de pechar Balaídos o pasado domingo para non xogar co Real Madrid. “Pero espero que non se volva repetir”, dixo. Foi a única concesión que lle fixo ao rexedor vigués a quen logo pasou a criticar duramente. “Despois de sobreatuar, terá que actuar, digo eu”, suliñou. 

“Espero que ninguén lle bote agora a culpa á Xunta por que o Celta non pasara á final da Copa... Hai xente que utiliza o fútbol para todo, ata para botar a culpa a outros da situación dun estadio de fútbol que debía xestionar el”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 DendeMadrid

Como deportivista e por desgraza alonxado da terra sempre defenderei a quenes se sinten orgullosos de ser galegos Eu quería que gañase o celta e o pique san pra nos...... A prensa madrileña sempre co seu desprezo

2 Viva er vino y er furbó

Hai duas décadas Sánchez Dragó montou a polémica, ao comentar que o Marca fora a revista mais lida no estado. Hoxe, vexo que o mundo do fútbol segue a ser un reducto de cultura e intelixencia. Un durme moito mais tranquilo sabendo que as nosas autoridades coloniais vean porque a cultura e o coñecemento se espallen a cotío polo noso País.

1 Eu mesmo

Grazas Pedrerol. Por unha banda os teus twit's fanme máis identificado co proprio e, por outra, eres semente de soberanistas. En Cataluña tamén hai p a r v o s !!!