Temas: FRAUDE

Canto defraudaron os grandes patrimonios de Galicia?

A Xunta presenta o informe de loita contra o fraude fiscal en 2016, no que baixan os casos de fraude en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/02/2017 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Os defraudadores do erario público baixaron en 2015 con respecto ao 2016. Un descenso que a Xunta di que se debe as medidas de control establecidas durante a crise. Así, se hai dous anos se defraudraon 250 millóns, o pasado ese número baixou a 139 millóns.E deses 139 millóns, 36,3 foron produto das manobras fiscais evasoras dos grandes patrimonios do país. 

Cartos
Cartos | Fonte: Europa Press.

Ao longo do pasado ano realizáronse 2310.000 autoliquidacións, un 6% máis que en 2015, e delas, os servizos de control do fraude fiscal da Xunta, detectaron eses 139 millóns adicionais non declarados de forma legal.  Un diñeiro que recadou logo de obrigar aos infractores a realizar 23.000 liquidacións adicionais. 

Tamén se realizaron 517.000 valoracións, un 1,1% máis que o pasado ano e o aprazamento de pagos tamén se reduciu un 14%. “Todo isto indica que a situación económica mellora”, salientaba o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Tamén salientou que nos Orzamentos está previsto un plan especial antifraude para obter 20 millóns máis

Temas: FRAUDE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 eusi

A fraude, segue sendo palabra de xénero feminino, a non ser que o/a redactor/a decidira mudarlle o xénero, que todo pode ser

1 Don Pimpón

Regresamos ao futuro? Baixou 2015 con respecto a 2016??