Os recursos económicos que acaban no fondo do río

ADENCO denuncia que a primeira enchente do ano destroza parte das obras de restauración da senda do Tea.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 10/02/2017 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

"As sendas fluviais volven ser exemplo de como malgastar e despilfarrar os recursos económicos en tempos de crise e de como xerar impactos ambientais a partir da acción da administración pública". É a denuncia que fai a organización ecoloxista Adenco que critica que as primeiras enchentas do río Tea destrozaron parte da senda peonil.

Desperfectos provocados polas enchentas no paso peonil do río Tea
Desperfectos provocados polas enchentas no paso peonil do río Tea | Fonte: Adenco

A pesares das advertencias realizadas por este colectivo ecoloxista, as obras de “restauración” da senda fluvial desde A Freixa a Padróns desenvolvéronse en plena época de chuvias. Por iso, o último temporal provocou que as novas escolleras quedaron á intemperie, producíndose achegas de terra e outros materiais da restauración no curso fluvial ao longo das áreas restauradas. Do mesmo xeito, parte das árbores plantadas quedaron inutilizadas pola acción do río.

ADENCO ten denunciado esta semana perante a Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil estas novas afeccións e o "enésimo malgasto e despilfarro" de recursos públicos. Os ecoloxistas pregúntanse ata cando se van a seguir gastando diñeiro de todos nas áreas inundables do Tea en lugar de recuperar as beiras. 

Por outra banda, os ecoloxistas alertan de que a segunda fase “restauración”, na que se contempla a utilización de pavimento con vidro nalgúns treitos da senda, afectará novamente ao hábitat prioritario da Rede Natura 2000, os bosques aluviais de amieiros e freixos, unha das principais motivacións de que o Tea sexa un espazo protexido. ADENCO considera, ademais, que esta actuación só servirá para adiar novamente a acción do río que, nas áreas inundables, voltará reclamar o que é seu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta